|
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.E.I.P. DO XURÉS (OURENSE) Paraño, 31 – 32870 LOBIOS – Teléfono - 988448007 - email: ceip.doxures@edu.xunta.es 19768 Visitas |
DESTACADOS: 1 DE XUÑO: COMEZO DO
HORARIO DE MAÑÁ
(9:30 - 14:30)
ENTREGA DE NOTAS: 22 DE XUÑO XA ESTÁ OPERATIVO O XOGO INTERACTIVO DE PREGUNTAS
|
Imaxe do mes
Xa queda menos para poder poder observar o lirio do Xurés ó natural... De momento contentámonos cunha foto. |
| Nós
Antiguo sitio web, programado por
Jorge Emilio Bóveda
|
Semana do 21 ó 25 de xuño MARTES 22: Hoxe é o día que nos entregan as notas. LUNS 21: O festival foi todo un éxito. Todos os grupos de alumnas e alumnos tiñan actuacións preparadas, tivemos uns presentadores moi entregados e o público foi numeroso. Á unha conectámonos por Internet co colexio de Padrenda, para xogar unha partida ó concurso das preguntas. Aínda que gañaron eles, pasámolo moi ben e acertamos moitas preguntas. Ademais, os alumnos e as alumnas maiores recibiron uns diplomas do examen de inglés que fixeron a semana pasada, e no que amosaron que aprenderon moito estes anos. Ó final vimos un vídeo resumo das actividades que fixeron os nenos e as nenas de infantil. Na sección de actividades hai fotos e vídeos do evento Semana do 14 ó 18 de xuño Esta semana non paramos de ensaiar para as actuacións do festival de fin de curso. Semana do 7 ó 11 de xuño Case todos os días de esta semana hai algún examen, que xa se achegan as notas finais. Semana do 31 de maio ó 4 de xuño MARTES 1: Como cada curso, coa chegada de xuño chega o horario de mañá. Durante este mes o inicio da actividade lectiva será ás 9:30 e rematará ás 14:30. O servizo de comedor segue funcionando. Ó rematar de comer os nenos e as nenas volverán a casa no autobus do transporte escolar algo máis cedo que de costume. Semana do 24 ó 28 de maio MARTES 25: Outra vez a coller o bus. Non paramos. Esta vez imos a Ramirás a un encontro deportivo con outros colexios da zona. LUNS 24: Hoxe collimos o autobus para facer unha visita ó parque do Xurés. A verdade é que sempre estamos nel, pero hoxe vimos cousas que normalmente non vemos. Estivemos na área de Espendelo, onde os gardas do parque soltaron unhas aves que estaban a curar. Ademáis, comimos ó aire libre. Todo esto grazas á xente que traballa no parque, que organizou toda a actividade. Ademáis do colexio do Xurés, participaron os demais colexios que quedan na área do parque. Semana do 17 ó 21 de maio VENRES 21: Hoxe pola tarde reunímonos todos no salón de actos para poñer en común os traballos que fixemos sobre Uxío Novoneyra, o homenaxeado no día das letras galegas. XOVES 20: A excursión a Bracalandia foi todo un éxito. Primeiro visitamos o parque de atraccións. As que máis gustaron foron a montaña rusa e a "da auga" que, aínda que mollaba moito, como ía tanta calor ata se agradecía un pouco. Despois, pola tarde, aínda houbo algo de tempo para mollar os pés na praia. Algúns e algunhas ata se meteron de corpo enteiro. Despois da praia xa houbo que volver para Lobios. MÉRCORES 19: Hai que estar atentos ó periódico os próximos días. Hoxe veu unha fotógrafa para retratar o centro. A ver que tal queda. MARTES 18: Os alumnos e as alumnas de primaria foron a Bande para representar "Hamlet", de Shakespeare. A obra estaba algo resumida. Saiu moi ben. Aínda que algún se saltou algunha parte da obra, case non se notou. LUNS 17: Non lectivo Semana do 10 ó 14 de maio VENRES 14: Non lectivo XOVES 13: Ensaio xeral da obra Hamlet, xa que temos por diante catro días non lectivos, e o martes que vén, hai que representala pola mañá. MÉRCORES 12: Os nenos de infantil van coller o bus para ir a Ourense a ver as termas e xogar un rato en Dragonenos. Semana do 3 ó 7 de maio
Semana do 26 ó 30 de abril XOVES 29: O equipo de xadrez do colexio desprázase a Ourense para xogar a final provincial. Aínda que o obxectivo non era máis que pasalo ben xogando unhas partidas, as circunstancias fixeron que o equipo acadara o 4º lugar na clasificación de toda a provincia. MARTES 27: Hoxe rematan as clases extraescolares de xadrez, xa que o campionato provincial para o que se estaban a preparar os alumnos e as alumnas é o xoves. Por este motivo celebrarase o campionato interno do centro. Semana do 19 ó 24 de abril O equipo de xadrez do colexio decidiu participar na final provincial do Deporte Escolar, que se celebrará a semana que vén. Semana do 12 ó 16 de abril Comezan os ensaios para os encontros de teatro de Bande. A obra que representará o noso alumnado é Hamlet, de William Shakespeare. Xunto coa Odisea, de Homero, a preparación destas obras ven dar resposta aos obxectivos do proxecto lector do centro, que pretende achegar un pouco o gusto pola literatura clásica aos nosos alumnos e alumnas. Semana do 5 ó 9 de abril Comeza o terceiro trimestre LUNS 5: Non lectivo ------------------------SEMANA SANTA. As clases reanúdanse o 6 de abril----------------------- Semana do 22 ó 26 de marzo VENRES 26: Celebración do Easter inglés. Pola mañá, as alumnas e os alumnos agocharon polo centro os ovos de pascua que fixeron nas clases de inglés e de plástica das últimas semanas, con papel, cola e pintura. Pola tarde, antes de saír, fixéronse equipos que saíron contra o reloxo, por turnos, a buscar os ovos dos demais nenos e nenas. Unha vez feito o reconto, o equipo gañador foi agasallado cun xoguete, que doaron o irmán pequeno dun dos integrantes do equipo. Semana de avaliacións. O venres 26 entréganse as notas. Semana do 15 ó 19 de marzo VENRES 19: Non Lectivo. XOVES 18: Esta vez foron os nenos e as nenas de Entrimo que viñeron a xogar no polideportivo de Lobios. Os últimos resultados non foron demasido ben, pero o ben que o pasamos... MARTES 16: A primeira hora tivemos que coller o autobús para chegar ó partido de fútbol que tiñamos en Ramirás. Semana do 8 ó 12 de marzo MÉRCORES 10: Os maiores van a Vigo para asistir a un concerto didáctico. A actividade está promocionada por Caixanova. O concerto estivo moi ben, pero coma sempre, todos quedaron moito máis contentos co ratiño de praia que houbo pola tarde. Semana do 1 ó 5 de marzo VENRES 5: Hoxe recibimos a visita dos nenos e as nenas de Gomesende para xogar un partido. LUNS 1: Unha nena do colexio resultou gañadora do concurso de debuxos sobre San Rosendo. Dous profesores acompañárona a recoller o seu premio no mosteiro de Celanova. Semana do 22 ó 26 de febreiro MÉRCORES 24: Partido de fútbol en Bande co equipo de Toén. Hai que recoñecer que os rivais xogaron mellor, pero conseguimos marcar algúns goles. Semana do 15 ó 19 de febreiro LUNS, MARTES e MÉRCORES: Non lectivos polo entroido Semana do 8 ó 12 de febreiro VENRES 12: Como cada ano, os veciños de Lobios poderán achegarse á rúa para ver desfilar ó alumnado cos disfraces elaborados por eles. Semana do 1 ó 5 de febreiro XOVES 4: Primeiro partido de fútbol da competición do Deporte Escolar. Haberá que coller o autobus para ir a Bande. Semana do 25 ó 29 de xaneiro Xa decidimos os disfraces para o entroido, pero son secretos... Esta semana comezan os preparativos. VENRES 29: Con motivo do día da Paz, que é mañá, ensaiamos unha serie de demostracións sobre a paz, que representaremos no salón de actos pola tarde. MARTES 26: Hoxe por fin foi posible ir a correr a Muíños. Aparte de pasalo ben, houbo algunhas compañeiras que quedaron moi ben clasificadas. LUNS 25: O alumnado do segundo e do terceiro ciclo de primaria colleu o autobus a Ourense para aprender un montón de cousas sobre a educación vial. A actividade tivo lugar en Expourense. Tiveron oportunidade de sacar o carné de conducir durante un día para poñer en práctica o aprendido. A máis de un xa lle quitaron varios puntos do carné. Semana do 18 ó 22 de xaneiro VENRES 22: Visita cultural a Vigo. Caixanova ofreceunos un concerto didáctico. Foi unha pena que non lucise o sol para poder ir un rato á praia MÉRCORES 20: A chuvia obriga a suspender a carreira do campo a través en Muíños. Semana do 11 ó 15 de xaneiro LUNS 11: Reanúdanse as clases despois do parón do Nadal. ------------VACACIÓNS DE NADAL------------------------ Semana do 21 ó 25 de decembro MARTES 22: Coma cada ano, este día está o centro aberto ás familias das alumnas e dos alumnos para falar longo e tendido cos profesores para preguntar todo o que queiran preguntar sobre o progreso das súas fillas e dos seus fillos. LUNS 21: O día do festival. Coma sempre, as familias están convidadas a presenciar o bonito espectáculo que están preparando as nenas e os nenos do colexio. Este ano obra de teatro parece que non vai haber, pero a diversión está garantizada. Semana do 14 ó 18 de decembro MÉRCORES 16: A XUNTA DE GALICIA SUSPENDE AS CLASES. O xurado do concurso de tarxetas reúnese esta semana para decidir a que se incluirá na tarxeta oficial. Semana do 7 ó 11 de decembro (5, 6, 7, 8 días non lectivos) O día 7 o colexio estará pechado porque se celebra a Consitución, que cae a domingo, e o día 8 é festivo nacional. O concurso de tarxetas de Nadal leva aberto desde a semana pasada. Esperamos recibir moitas para que o xurado teña onde elixir. Semana do 30 ó 4 de decembro Esta semana xa se puido ver parte do Xurés nevado. Como veña coma o ano pasado.... Comezou o concurso de tarxetas de Nadal. A que máis lle guste ó xurado, formado por profesores e profesoras, será a portada da tarxeta oficial do centro. VENRES 4: Como o día da Constitución Española é domingo, celebramos unha representación no salón de actos, no que cada grupo de alumnos e alumnas contou o que saben sobre a Constitución. Cada un ó seu modo. Uns fixeron unha representación, outros leron, outros mostraron uns bonitos traballos... O belén elaborado polas nenas e polos nenos, coa axuda dalgúns profesores quedou xa inaugurado. LUNS 30: O noso alumnado, xunto co resto dos colexios da Baixa Limia, acercouse a Entrimo para asistir á representación dun contacontos. A cousa foi moi rockera. Despois pasaron un rato xogando nas aulas cos nenos e as nenas dos outros colexios. Semana do 23 ó 27 de novembro Os ensasios esta semana xa están sendo bastante intensos, vai quedar un festival moi espectacular. MARTES 24: A escola de xadrez segue funcionando perfectamente grazas este ano a unha maior colaboración por parte das nais e dos pais. Xa se nota nos que viñeron o ano pasado que se van acordando das cousas que aprenderan. Semana do 16 ó 20 de novembro Esta semana comezan os preparativos para o festival que os nenos e as nenas van ofrecer ó final do trimestre a toda a comunidade educativa. MARTES 17: A escola de xadrez conta con novas alumnas e alumnas. A ver se formamos un equipo chulo para o deporte escolar. MÉRCORES 18: Celebrouse a primeira competición do deporte escolar, o campo a través. Algúns compañeiros quedaron moi ben clasificados e outros non tanto, pero todos o pasaron igual de ben. Pola tarde celebrouse unha reunión informativa coas familias do alumnado, na que se trataron diversos temas. Entre eles informouse sobre a gripe A. Desde o centro recomendamos que os nenos e as nenas con coman tanta comida industrial e consuman algo máis de froita. Tamén se deron algunhas indicacións sobre o funcionamento interno do centro. Semana do 9 ó 13 de novembro MARTES 10: Comezan as actividades da escola de xadrez. Os primeiros días o novo alumnado aprende o movemento das pezas. Os que xa teñen experiencia repasan o que aprenderon o ano pasado. Despois xogamos unhas partidas. MÉRCORES 11: Aínda que se planeara celebrar o magosto en Entrimo, co alumnado do colexio Santa María a Real, xa que o ano pasado invitarámolos ó noso centro, finalmente celebrouse aquí, en Lobios. O motivo foi que os espazos do noso centro para os días de choiva son máis adecuados. De todos os xeitos, invitáronnos a bollos preñados, castañas, empanada, etc, e compartimos un bonito día de convivencia. Semana do 2 ó 6 de novembro Con respecto ós cambios no transporte que anunciamos fai uns días, polo momento non se van producir. As rutas e os horarios permanecerán exactamente iguais. Semana do 26 ó 30 de outubro VENRES 30: Aproveitando que o Sábado son as celebracións do Samaín (Halloween según o profesor de inglés...), pola tarde reuníronse todas as nenas e tamén os nenos na biblioteca para contar historias de medo. Na sección de Actividades hai un par de fotos. Semana do 19 ó 23 de outubro MÉRCORES 21: O alumnado do colexio realizou hoxe a avaliación de diagnóstico. Unha vez rematadas as probas, que duraron todo o día, tampouco parecían tan difíciles. Semana do 12 ó 16 de outubro Esta semana incorporáronse dous novos alumnos ó centro. O noso alumnado amosou que saben como acoller á xente nova. AVISO: Con motivo destas novas matriculacións verase afectada unha das rutas do transporte. Pedímoslle as familias que estén pendentes desta nova situación. Semana do 5 ó 9 de outubro AVISO ÁS FAMILIAS: A delegación de Educación aprobou o calendario lectivo do colexio para este curso. Os días non lectivos, aparte dos recollidos no calendario escolar para toda Galicia serán o 13 de outubro e o 14 de maio. Semana do 28 de setembro ó 2 de outubro Xa se pode botar unha ollada ó novo blogue que están preparando os nenos e as nenas con algunha axuda por parte dos mestres para o proxecto "Escolas Climánticas". Ver blogue. Semana do 21 ó 25 de setembro. MARTES 22: O alumnado recibiu nunha charla información sobre o reciclaxe, a reutilización e a reducción de lixo. Como usar os distintos contenedores, etc. Despois afianzaron o que escoitaron con divertidas actividades. Semana do 14 ó 18 de setembro. O alumnado vai collendo o ritmo de traballo. As actividades interesantes virán máis adiante. Semana do 10 de setembro ó 11 de setembro. Comeza o curso. Aínda que moitos dos alumnos e das alumnas nos deixan para comezar a etapa da educación secundaria en Bande, outros tantos matricúlanse nos tres anos, así que seguimos cos mesmos alumnos. O profesorado cambiou moito. Este ano incorpóranse novas profesoras de infantil, música e pedagoxía terapéutica, un profesor de educación física e unha coidadora. ___________________________________________________________________________ VACACIÓNS DE VERÁN ___________________________________________________________________________ |
Blog do colexio en Escolas Climánticas.
Consellería de Educación da Xunta de Galicia
|