ALGO SOBRE LOBIOS

O Concello de Lobios forma parte da Comarca da Baixa Limia. Está situado ó sudoeste da provincia de Ourense. Teñen unha extensión superficial de 168,77 km2 dividida en oito parroquias; San Miguel de Lobios, San Martiño de Araúxo, San Paido de Araúxo, Santa María de Rio Caldo, San Lourenzo da Illa, San Mamede de Grou e San Salvador de Torno. Limita polo norte cos concellos de Lobeira e de Entrimo; polo leste cos de Lobeira e Muíños; polo sur e polo oeste ca nación veciña de Portugal.

ALGO MÁIS

Entre o seus ríos figuran O Limia, logo de ser retidas a súas augas no encoro das Conchas, e O Salas, Cabaleiro, Lobios, Aldo e Grou que desembocan no Limia. As alturas mais destacadas son "O Pico de Sobreiro" con 1.542 metros e " As Albas" con 1.463 metros. Para chegar a Lobios cóllese a nacional 540, Ourense - A Magdalena (fronteira portuguesa), e pasado o viaducto da Limia, a uns 61 Km de Ourense, deixase esta estrada e a menos de 1 km está a capital do concello que se chama Lobios.

Por Lobios discorre o último tramo de río Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra do Leborerio e Os Montes de O Quinxo, ó noroeste, e as Serras do Xurés e Santa Eufemia, ó sur. Unha sucesión de vales estreitos, con vertentes de fortes pendentes, trazadas polos ríos Caldo, Vilamea e Lobios, que dende O Xurés baixan ó Limia, confiren ó relevo un aspecto fraccionado..As cumes da Serra do Xurés foron cubertas polos xelos cuaternarios que orixinaron varios glaciares dos que se ve a súa selo no relevo actual. PARA SABER AÍNDA MÁIS PREME AQUÍ