![]() 1.- PRECEPTOS LEGAIS. 2.1.2.- MEDIO HUMANO 2.1.3.- MEDIO SOCIOECONÓMICO 2.1.4.- MEDIO INSTITUCIONAL 2.1.5.- MEDIO HISTÓRICO, ARTÍSTICO E CULTURAL 2.2.1.2.- RECURSOS E SERVICIOS 2.2.1.3.- DOTACIÓN ECONÓMICA 2.2.2.2.- PROFESORADO 2.2.2.3.- PERSOAL NON DOCENTE 3.2.- LÍNGUA DE APRENDIZAXE 3.3.- LIÑA METODOLÓXICA 3.4.- PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS 3.5.- COEDUCACIÓN 3.6.- MODALIDADE DE XESTIÓN INSTITUCIONAL ![]() |
2.- ANÁLISE DO CONTEXTO
2.1.- Estudio do medio
2.1.1.- Medio físico:
Situación xeográfica
Lobios, xunto con Muíños e Entrimo configuran o enclave do Parque Natural Peneda-Xurés. Pertence ó partido xudicial de Bande, está delimitado con Portugal polo sur e Oeste, ó Norde limita con Lobeira e ó Leste con Muíños.
Relevo: O relevo do noso concello é montañoso, no que destaca sobor de todo a Serra de Santa Eufemia, na que podemos atopar alturas de máis de 2000 metros. Hai pequenos vales surcados por ríos coma o Caldo, o Lobios, o Macaco e o Salas. As terrazas de terras traballadas configuran a paisaxe das ladeiras das montañas.
Ríos: O principal é o Limia, que entra no concello con pouco caudal, despóis de ver retidas as súas augas no encoro das Conchas. O río de San Martiño de Arauxo, formado por dous brazos, dos que un nasce en Prado seco, na serra de San Paio e outro na Carballa (Lobios), para se xuntar ámbolosdous en Forcadiñas e leva-las súas augas ó río Salas.
O río Lobios, que nasce na vertente sur da serra de Nevosa, o río Caldo, que nasce na Portela d´Home, o río Madalena, que nasce na serra de Santa Eufemia.
Clima: A pesar de estar entre unha zona de transición entre o clima oceánico-húmido e un clima continental, Lobios disfruta dun microclima que posúe as características dun clima mediterráneo, é dicir; invernos suaves e veráns pouco calurosos. A pluviosidade atópase entre os 2000 e os 2500 mm anuais, sendo os meses máis chuviosos os de Decembro, Xaneiro e Febreiro. As temperaturas oscilan entre os 4ºC dos meses máis fríos e os 35ºC dos máis quentes. Nos meses de novembro e marzo aparecen as xeadas.
Subsolo: Consta de tres series xeolóxicas cunha representación e distribución moi desigual:
Unhas características coma estas son as que logo van condicionar a flora e os cultivos da zona.
Vexetación: Nas áreas de montaña das serras do Quinxo, Santa Eufemia ou Xurés, esténdense poboacións de "reboleiras" acompañadas nas zonas máis altas do "Piñeiro silvestre". O monte baixo ocupa os cumios das montañas e, só ailladamente, atopamos "reboleiras" e "acibros". As poboacións de carballos atópanse nas zonas baixas, así coma o castiñeiro, a sobreira e o piñeiro común. Abundan asimesmo o loureiro, o teixo, o sanguiño, o vido, etc.
En definitiva, a vexetación alterna bosques de árbores caducifolias con outros de árbores de folla perenne, subsistindo especies máis adaptadas á folla de auga, tales como a sobreira ou o érbedo. Tampouco nos podemos esquencer daquel horizonte húmido sobre o que predomina unha vexetación de arces, carpazas, queirogas, breixos, corgos e toxos.
Fauna: a pesar de que noutros tempos puídose contar cunha fauna variada, a verdade é que hoxe en día xa escasean especies importantes coma a cabra do Xurés. Entre os mamíferos cabe suliñar o cabalo e o corzo; o primeiro en réxime de semiliberdade, habita as chairas do alto das serras. Ó carón deles, alimañas corpulentas como o lobo e o xabarín. Para facer referencia a outros de menos importancia nomearemos a perdiz, o coello, o teixugo, a donicela, a toupa, o ourizo, etc... Abundan tamén algúns reptís coma o lagarto, as cobras e a víbora. Nos ríos aínda se poden atopar troitas, barbos, bogas e escalos que, desafortunadamente, xa non gozan daquelas antergas augas tan limpas.
Variables medioambientais: É indubidable que, o mesmo que se podería dicir do resto do país, o deterioro do medio ambiente era patente, o que levou á concienciación de distintos organismos e da xente en xeral para por freo a esta situación, con iniciativas tales coma plantación de árbores, limpeza de montes, acondicionamento de regatos e ríos, repoboación faunística, etc. A todo isto engadiremos que a declaración de Parque Natural traerá consigo resultados positivos para o noso entorno, xa que a U.E. dentro do seu programa LEADER 2, destina unha considerable axuda económica. Son obxectivos fundamentais para esta organización a defensa dunha zona de interese natural, paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico, así como promover e facilitar o achegamento entre a natureza e o home.