Nós  

O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Lobios conta con cinco unidades repartidas da seguinte maneira: dúas de infantil, na que aprenden nenos dos tres ciclos da educación infantil. Hai nenos de tres anos, nenos de catro anos e nenos de cinco anos. Unha de primeiro ciclo de educación Primaria, outra de segundo ciclo da primaria. Por último, hai dúas unidadesde terceiro ciclo de primaria. Somos un total de sesenta rapaces e rapazas.

O equipo de mestres está formado por Socorro e María, que son as titoras de infantil, Fina que é a titora de primeiro ciclo, Alfredo é o mestre de Educación Física e ademáis o titor de e sexto. Óscar é o titor de quinto. David é o  mestre de língua inglesa, Ramón é o mestre de Relixión Católica, Pepe ensínanos Música e Plástica, Ana e Taida son as mestras de educación especial e, de vez en cando, vennos a visitar Roberto, o Orientador Escolar. A directora é Milagros, que ademáis é a titora de segundo ciclo. Na cociña, Paula prepara a comida tódolos días.

As nosas instalacións son completísimas. Dispomos dun amplo comedor, unha sala de psicomotricidade, un salón de actos (co seu palco e todo) adosado ó comedor, un amplo patio, un ximnasio, un campo de fútbol, unha grande sala de ordenadores e audiovisuais, unha biblioteca, unha aula de pedagoxía terapéutica, un laboratorio de ciencias que fai as veces de aula de plástica, unha fermosa aula de música, un aula de Inglés, un aula de relixión, un aula de audición e linguaxe e unha sala de profesores.



ÓRGANOS DO COLEXIO DOCUMENTOS DO COLEXIO
Consello Escolar.

Claustro de profesores e profesoras

Equipo Directivo

 

Actualmente estamos redactando o Proxecto Educativo segundo as novas directrices da Consellería de Educación. Pódense consultar, de todos modos algúns dos documentos en vigor.

Regulamento de Réxime Interno

Proxecto Curricular

Proxecto lingüístico

Índice