SITUACIÓN XEOGRÁFICA

O CEIP do Xurés atópase situado no Concello de Lobios (Ourense), no parque natural internacional do Xurés, Gêres na súa parte portuguesa (Mapa en tres dimensións). Esto permite traballar co alumnado os temas relacionados co medio a través de saídas didácticas ou simplemente mirando pola fiestra. Estamos a falar do parque natual máis grande de Europa, onde as posibilidades son enormes. Existen numerosas rutas de sendeirismo con sinais nas que as especies animais e vexetais que se poden observar durante unha soa xornada son inabarcables. Os buscadores de setas tamén podes gozar de tardes enteiras á busca de determinadas especies. O catálogo das que se poden atopar no parque é enorme.

Para chegar a Lobios hai que coller a estrada N-540 cara ó sur. Despois hai que pasar pola Manchica, Celanova, Bande, etcétera. A distancia dende Ourense é de aproximadamente 65 km. Na ruta atópanse varios lugares de interese turístico. En Celanova está o mosteiro de San Servando, no que podemos admirarnos con varias das súas marabillas. Por un lado está a igrexa, cun fabuloso órgano e un restaurado coro barroco. Tamén temos a capela de San Miguel, un bo exemplo de arte mozárabe. Os dous claustros tamén son moi interesantes. Nun deles atópase o instituto de ensino secundario. A remodelación que este experimentou para albergar as aulas e pasillos foi moi admirada e ségueo sendo. O outro claustro conserva o seu aspecto orixinal. Uns poucos km. ó pasar Bande chegamos a Porto Quintela. Aquí topamos un bo exemplo de vestixios romanos. O campamento militar de Aquis Querquernis está situado nunha importante vía romana, que unía Bracara con Astúrica, as actuais Braga, en Portugal e Astorga, en León. No centro de interpretación podemos ver algunhas das pezas que apareceron nas excavacións e darannos información sobre a xacemento. Un pouco máis adiante está Santa Comba de Bande, cuxa igrexa é un dos poucos exemplos de arquitectura relixiosa visigótica que podemos atopar en toda a península ibérica. Se tivesemos máis ganas de explorar podemos ir a ver os dolmens do Salas, preto de Muíños, e na mesma ruto, a Cela, unha interesante vila na que os habitantes optaron para construir as súas casas por aproveitar os penedos do monte que alí se atopaban. Por último, aínda que se podería seguir, xa pasando Lobios está Río Caldo, célebre nos últimos anos polo seu famoso balneario, que recentemente recibiu un premio europeo pola súa calidade. Ó pé do balneario temos unhas pozas termais así como os restos dunha mansión romana na que aínda se pode observar o sistema de calefacción. Esta mansión, chamada Aquis Originis está ma mesma ruta que Aquis Querquernis. Mapa de estradas.

Pero o obxectivo inicial era chegar ó colexio... Unha vez no encoro do Lindoso xa vemos a indicación cara Lobios, aínda que na señal poña "Lovios", con uve. Fotografía satélite da zona.

Xa en Lobios entramos nun cruce amplo, hai que coller á esquerda. Inmediatamente atopamos unha curva á dereita cunha pendente moi pronunciada. cento cincuenta metros máis adiante está o colexio. Fotografía satélite ampliada.

Índice