X ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DO PARQUE NATURAL "SERRA DO XURÉS"
O día 11 de febreiro do ano en curso celebrouse o Aniversario da Declaración de Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, esta
declaración foi feita por parte da Xunta de Galicia , segundo Decreto 29/1993 do 11 de Febreiro, DOGA nº35 do 22 de Febreiro.
Un dos Concellos que están enclavados neste entorno Natural é o de Lobios, e o noso Centro , ten o privilexio de estar situado neste
fermoso marco, así como os nosos/as alumnos/as de pertencer ós pobos enmarcados no mesmo.
Durante estes anos, tívose presente por parte da dirección e dos membros pertencentes ó Parque, a necesidade de dar a coñecer os
alumnos/as deste centro a importancia de vivir neste entorno, xa que se ten conciencia que os nosos/as nenos/as serán os futuros/as
veciños/as do mesmo e incluso algúns desempeñarán a súa vida laboral ó carón del..
Este empeño levouse a cabo a través dun contacto directo, realizando diversas actividades, encamiñadas a inculcar nos nenos/as o
beneficio do coidado do seu entorno, ben polo coñecemento das distintas especies faunísticas e da flora existente no parque, como o
coidado polo medioambente.
Todas estas actividades que se veñen realizando desenrolanse dun xeito totalmente lúdico e sempre adaptadas ós distintos niveis.
Das actividades mais recentes realizadas no centro por parte dos membros do Parque Natural foron:
A celebración do X Aniversario da Declaración de Parque Natural pola Xunta de Galicia, o días 10 e 11 de Febreiro do ano en que
andamos.
A celebración do Día Mundial Forestal ( Día da Árbore).
¿CÓMO CELEBRÁMOLO 10º ANIVERSARIO DO NOSO PARQUE?Todo aniversario comenza sempre coa felicitación do homenaxeado, e nós así o fixemos. Cantámoslle os “ Parabéns para ti..., e que cumplas moitos mais”. As actividades que se desenrolaron para ese día, comenzaron cunha charla por parte das persoas encargadas do Parque Natural, para centra-la importancia da celebración, a continuación como en todo cumpleanos viñeron os xogos populares, dirixidos por animadores de tempo libre, que entretiveron, e interesaron os nenos/as. Xogos como: o pano en corro, coller galletas, zocos de cordas, o rato e o gato, os aros ,o brilé, a corda, e o puzzle. Tamén se cantaron cantigas populares con mímica.
TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA FORESTAL MUNDIAL
Chegou o día 21 de Marzo e co comenzo da primaveira , celebramos o Día da Árbore, enmarcado dentro do Día Forestal Mundial.
Despois dunha charla por parte da bióloga do Parque Natural, onde se resaltou a importancia das árbores para nós , decindo que son as
limpiadoras altruistas do aire que respiramos, e que o único que piden a cambio é que as protexamos e as coidemos, porque dese xeito,
nos protexemos e nos cuidamos a nós mesmos.
A continuación pasamos a actividade da plantación das árbores autóctonas, dentro do patio do Colexio, coa axuda dos forestais do
Parque Natural, os nenos/as foron plantando as árbores, o mesmo tempo os alumnos/as de 6º de E.P. ían facendo un mapa para ter
localizadas as distintas especies, e colocarlles a continuación, o nome científico e o propio do lugar.
Unha das árbores propias deste Parque é o Prunus lusitanica, da cal a continuación presentamo-la súa ficha, cedida polo Parque:
Para rematar ofrecémosvos a entrevista realizada á Directora do Parque Natural Baixaimia - Serra do Xurés, Mª Dolores Rodríguez Fernández, onde nos da a coñece-la súas tarefas, as dos membros do parque, os seus obxectivos, a fauna e a flora con que conta. Fala da recuperación de especies e de animais feridos. Expresa o seu desexo de que “sexan os nenos os mellores defensores da natureza”, cuestionase si o seu desexo “ é Utopía ou realidade”, pero o que ten claro é que “ DE NÓS DEPENDE”. |