MUSICA ATA NO CARNET DE IDENTIDADE

PREGUNTAS

1. Irlanda é o único país do mundo que ten un instrumento musical como símbolo nacional. Localiza a bandeira e o escudo de Irlanda, e descubre de que instrumento se trata. 

2. O instrumento anterior é tan importante para os irlandeses que non só aparece na bandeira do país. En que outro obxecto de uso común aparece o dito instrumento? 

3. Ademais, este instrumento forma parte do logo de dúas empresas irlandesas. Poderías dicir cales?

4. Cales son as tres razóns que explican que, no escudo irlandés, figure un instrumento musical?

5. Le a lenda de Dagda. 

6. O instrumento do escudo de Irlanda inspírase nun modelo antigo que se conserva na Biblioteca do Trinity College. Que nome recibe? En honor a quen? 

7. A lingua propia dos irlandeses (aparte do inglés) é o gaélico. Que nome recibe en gaélico o instrumento musical que figura no escudo do país? 

8. Que outros instrumentos son típicos nas formacións tradicionais irlandesas



Webquest elaborada por Monica Muoz Sobrino con