1.Tes visto o vídeo anterior? Cres que é o trailer dunha película?
2. O vídeo que tes visto recolle imaxes dunha guerra que xa dura, alomenos, quince anos. Ten lugar nun extenso país de Europa que se chama Rusia. Sabes onde queda Rusia? Compróbao neste mapa.
3. Rusia é un estado federado. É dicir, coma un puzzle de estados. Un dos estados de Rusia é Chechenia, que quer saír da Federación Rusa para convertirse nun estado independente. Fíxate neste enlace, e comproba a situación de Chechenia na Federación Rusa.
4. Sabes como se chama a capital de Chechenia? O seu nome está escrito con letras amarelas no mapa. E sabes como se chama a capital de Rusia?
5. Agora, visiona esta colección de vídeos sobre os Dereitos do Neno.
6. Despois de ver o vídeo, que Dereitos do Neno pensas que non se teñen respectado en Chechenia?