1. Fíxate ben neste vídeo. Está en inglés. Posiblemente non entendas o que falan. Pero... que imaxinas que pode ocurrir?
2. Este outro vídeo pódeche dar a pista sobreo que sucede: fala do artigo 23 da Declaración Universal de Dereitos do Home.
3. Falemos agora do café. Sabes o que se agacha tras unha taza de café? En primeiro lugar, coñezamos como é esta planta. Consulta na páxina de recursos o documento titulado: A árbore do café.
5. Agora, organiza eses países por continentes. Cantos están situados en Europa? Cantos en Asia? Cantos en Africa? Cantos en América? Cantos en Oceanía? Para iso, podes axudarte da Wikipedia.
6. Ademais dos países que tes atopado no enlace anterior, hai outros países en Sudamérica, como Costa Rica, Cuba ou Venezuela, que basean unha parte importante do seu comercio na exportación de café. Sabes onde se sitúan todos estes países? Aprende a súa situación con este mapa.
7. Agora consulta este enlace. Atoparás un mapa climático de Sudamérica. Consulta os climas tipo A (m,f ou w). Que tipo de clima existe nestas zonas?
8.Compara os mapas dos puntos 6 e 7 coa lista de países produtores de café. Que observas?
10. Como xa saberás, o Ecuador divide a Terra en dous hemisferios, o hemisferio Norte e o hemisferio Sur. En que hemisferio se sitúan os países productores de café? En que hemisferio se sitúan os países consumidores de café?
11. Sabes cal é a orixe do café e como chegou a América? Consulta na páxina de recuros o documento titulado: A historia do café.
12. Como resume, escoita a Joan Manuel Serrat, e a súa canción El Sur también existe. Empezas agora a entender?