1. Seguro que, cada mañá, os teus pais toman un café no almorzo. Sabes como se produce o café? En primeiro lugar, coñezamos como é esta pranta. Consulta na páxina de Recursos o documento titulado: A árbore do café.
2. Unha bonita lenda cóntanos a orixe do café. Consúltaa na páxina de Recursos.
3. Coñece a través deste enlace cales son os dez países que máis café producen no mundo.
4. Agora, organiza eses países por continentes. Cantos están situados en Europa? Cantos en Asia? Cantos en América? Cantos en África? Cantos en Oceanía?. Axúdate, para iso, da Wikipedia.
5. Da lista que tes elaborado no punto anterior, elixe a dos países asiáticos produtores de café. Localízaos neste mapa.
6. Consulta este enlace. Atoparás un mapa climático do Sureste Asiático. Fíxate nos climas tipo A (m,f ou w).Como se chama este clima?Por que se caracteriza?
7. En Vietnam existían grandes zonas boscosas que hoxe están desaparecendo. Isto provoca graves problemas. Consulta este enlace e descubre catroconflitosque ten ocasionado, en Vietnam, a produción de café.
8. Es ti dos que cren que a Ecoloxía é unha tontería? Fíxate o que pasou coa florecente Cultura Nazca (orixinaria do Perú) cando empezou a talar as súas árbores. Consulta para iso o documento titulado A misteriosa desaparición da Cultura Nazca na páxina de Recursos.
9. Vivir nun entorno ecolóxico é un Dereito dos Nenos e Nenas. Compróbao no seguinte vídeo.
10. Facede un pequeno debate entre toda a clase sobre se é lícito potenciar a produción sen ter en conta os danos que se poden ocasionar ó Medio Ambiente.