TERMITEIROS

PREGUNTAS

 
 

1. O primeiro é saber que é un termiteiro. Apréndeo neste enlace

2. As termitas son particularmente abundantes en América do Sur, África e Australia. Adoitan reproducirse en zonas de clima tropical ou na sabana.  Tendo en conta a información anterior e o mapa que atoparás neste enlace, en que países de África pensas que poderás atopar termiteiros?

3. Que outros nomes poden recibir as termitas? Un deles pode conducir a erros. Cal?

4. As termitas son insectos sociais que viven en niños.

  • Que tipos de niños poden construír as termitas?
  • A que tipoloxía corresponde o termiteiro que aparece fotografiado na Introdución desta Caza do Tesouro?
  • Toma nota das características construtivas deste tipo de niño.

5. Os termiteiros constitúen auténticas sociedades nas que cada termita ten asignada unha función determinada. Investiga as castas sociais das termitas, e toma nota das características e funcións de cada unha.  

6. Reforza todo o que tes aprendido con este fantástico vídeo sobre un termiteiro localizado en Sudáfrica.  

 

 

 


 

 



 
Webquest elaborada por Monica Munoz Sobrino con