1. Le este traballo elaborado polo Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. A Ramallosa. É unha pequena aproximación moi clara e sinxela sobre a figura deste insigne poeta.
2. Miguel Hernández naceu o 30 de outubro de 1910. Cal cres que sería a nova máis importante dese día? Coñece o xeito de atopar información nas Hemerotecas Dixitais empregando o Titorial que atoparás na páxina de Recursos.
3. Agora que xa sabes como facelo, busca o periódico do día 30 de outubro de 1910 neste enlace:
Hemeroteca Dixital de La Vanguardia
(Ten en conta que os luns non se editaban exemplares; se non atopas ningún resultado para o 30 de outubro de 1910, busca a data máis próxima).
4. Comproba agora o diario dixital do día de hoxe no seguinte enlace:
La Vanguardia
5. Iniciade un diálogo entre o grupo da clase indicando as diferencias entre os diarios que se publicaban en 1910 e os que se publican na actualidade, tendo en conta todos os aspectos que temos traballado durante estas semanas.