1. Este conto (ver o enlace na páxina de Recursos) pertence á tradición oral guaraní. Sabes cal é a lingua guaraní? Busca información na Wikipedia e copia no teu caderno (resumida) a información que atopes.
2. En que país é oficial, xunto co castelán, a lingua guaraní?
3. Coñece a situación dese país no seguinte mapa.
4. Comproba os teus coñecementos sobre a xeografía de Sudamérica co seguinte xogo.
5. A lingua guaraní ten as súas propias palabras. Que nome reciben estes animais na lingua guaraní?
jaguar cigarra tapir
mono urraca
5. Busca imaxes destes animais usando Google Imaxes.
6. Busca unha sinxela información sobre as características destes animais empregando a Wikipedia.