CENTRÉMONOS UN POUCO
1. Primeiro de nada, convén situarse. Sabes onde quedan Alemaña e Austria? Aprende a ubicación de ambas as dúas consultando este mapa. 2. Comproba que tes aprendido correctamente a ubicación destes dous países con este xogo. 3. Imaxina que vas pasar o Nadal nalgún destes países. Que idioma deberás falar para comunicarte? E que moeda deberás levar contigo para facer compras?
4. Cada país identifícase pola súa bandeira. Como son as destes dous países?
COMENCEMOS COS PREPARATIVOS
1. Tanto en Alemaña como en Austria, o Nadal é unha grande festa. Por iso, o mes de decembro adícase a preparar esta data tan senlleira. A este tempo de preparación chámaselle Advento. Que dous obxectos relacionados co Advento vannos aproximando en Alemaña e Austria ata o día 24 de decembro?
2. Cando chega o Nadal, nas nosas casas existen algúns elementos identificativos do tempo que estamos a vivir. Pero un deles ten a súa orixe en Alemaña, no século VIII. Sabes de que se trata?
3. Agora temos que decorar o elemento anterior. En Alemaña e en Austria, polo Advento, xurden mercadillos característicos. Que podes atopar neles?
O GRANDE DÍA
1. Cales son os tres días fundamentais das festas navideñas en Alemaña e Austria?
2. Que personaxe reparte agasallos ós nenos do sur de Alemaña, Austria e Suiza?
3. Que día reparte os agasallos?
4. Que festas celebramos nós nesas datas...?
MÚSICA, MOITA MÚSICA
1. Os alemáns e os austríacos son dous pobos eminentemente musicais. Non en vano, Salzsburgo é a terra natal de Wolfgang Amadeus Mozart, e Viena o lugar do seu pasamento. A música está sempre presente, incluso nas festas navideñas. Escoita esta famosa panxoliña que todas as familias deben cantar o Día de Noiteboa, despois de cear e antes de recoller os seus agasallos debaixo da árbore.
2. Sabes de que panxoliña se trata?
3. Esta panxoliña está traducida a máis de 300 linguas. Pero, ademais, é a protagonista dunha curiosa anécdota acaecida no Nadal do ano 1914, durante a Primeira Guerra Mundial. A este feito chamóuselle A Tregua de Nadal. 3. Como rematan os austríacos o ano?
4. E como o empezan?