CENTRÉMONOS UN POUCO
1. Primeiro de nada, convén situarse. Sabes onde queda Holanda? Aprende a súa ubicación consultando este mapa. 2. Comproba que tes aprendido correctamente a ubicación deste país con este xogo. 3. Imaxina que vas pasar o Nadal neste país. Que idioma deberás falar para comunicarte? E que moeda deberás levar contigo para facer compras?
4. Cada país identifícase pola súa bandeira. Como é a de Holanda?
LE E INFÓRMATE
1. Le o documento que atoparás na páxina de Recursos sobre O Nadal en Holanda.
2. Segundo as descricións que tes atopado no anterior documento, debuxa a San Nicolás e a Pedro o Negro.
3. Que nomes recibe San Nicolás en Holanda?
4. Que día reciben os nenos holandeses os seus agasallos? Que festa celebramos en España ese día?
PERO... POR QUE...?
1. Temos coñecido como celebran as festas do Nadal os nenos holandeses. Pero... por que San Nicolás é tan apreciado en Holanda? Preme aquí e coñecerás de primeira man algunhas historias que conforman a Lenda de San Nicolás de Bari. 2. Que dous nomes recibe San Nicolás? En que zona de Europa recibe cada un deles?
3. Fíxate no mapa e imaxina o percorrido da lenda de San Nicolás dende que naceu ata que se convertiu no personaxe que leva os agasallos ós nenos holandeses.
COMO CONCLUSIÓN...
1. Despois de ter investigado sobre a figura de San Nicolás... notas algún parecido cun coñecido personaxe navideño...?
2. Establece os parecidos e as diferencias entre ambos os dous. Emprega para iso a ficha que poderás descargar da páxina de Recursos.