1. Antes de nada, situémonos. Estamos a imaxinarnos que somos xudeos ou xudeas. Pero... que ven sendo iso...? Se visitas este enlace poderás sabelo.
2. Segundo o anterior, saberías localizar neste mapa o país dos xudeus? Aproveita para aprender a situación dos países de Oriente Medio. Servirache para comprender moitas das noticias que escoitas diariamente nos telediarios.
3. Imaxina que viaxas a Israel.
- Cal é a súa capital?
- Que idioma deberías coñecer para comunicarte?
- Con que moeda deberías pagar ó facer as túas compras?
- Cales son a bandeira e o escudo de Israel?
4. Le este texto sobre a Hanukkah, unha das festas máis importantes da cultura xudea.
5. Como terás comprendido, o calendario xudeu é diferente do noso.
- En que dous aspectos se basea?
- Como se chaman os meses do calendario xudeu?
- Que correspondencia ten o mes do Kislev respecto ó calendario gregoriano (é dicir, o noso)?
- Segundo o calendario xudeo, a que ano se corresponde o 2010 que imos comenzar dentro de escasos días?
6. Cal é a orixe da Festa da Hanukkah? Cando ocurriron os feitos ós que fai referencia esta celebración?
7. A Festa da Hanukkah está vencellada a dous candelabros: o Menorah e o Januquiá. Que diferencias hai entre o un e o outro...?
8. Como tes lido, durante a Hanukkah, os nenos e nenas xogan ó dreidel. En que consiste este xogo?
9. Na buxaina empregada neste xogo aparecen catro letras; sen embargo, o alfabeto xudeo non se parece ó noso. Comproba as relacións entre ambos os dous, e descubre o contido desta mensaxe.