4. O vídeo anterior representa a Danza do León e do Dragón, que, habitualmente, se bailan nas comunidades chinesas a noite en que se despide o ano. Estas danzas baséanse en dúas lendas que teñen como protagonista a Nien, un dragón. Podes lelas na sección de Recursos.
5. A sociedade chinesa é supersticiosa. Lé os costumes típicos da noite de Fin de Ano, e pensa que teñen que ver coas lendas anteriores.
6. O Ano Novo Chinés coñécese tamén como Festa da Primavera. Como é posible isto? Consulta o calendario chinés (na páxina de Recursos) e descubre en que datas se celebra o Aninovo chinés. En que día empezará o ano 2010?
7. Os anos chineses desígnanse cos nomes de doce animais diferentes. Sabes cales? Que animal corresponderá ó ano 2010?