Actividades
correo

FESTIVIDADES PARA O 3.º TRIMESTRE DO CURSO 2009-10

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O Venres 29 de xaneiro, dentro do horario habitual, celebrouse unha xuntaza do alumnado, en dous sesións, no Salón de Actos do centro para conmemorar o Día das Letras Galegas. No festival participou unha parte do alumnado de terceiro, cuarto e sexto nivel de Educación Primaria e o resto foron de espectadores. Contou coas seguintes actuacións:
Montse, Bárbara, Amelia e Lucía amenizaronnos coa canción A FESTA NON VAI PARAR.
A obra de teatro a RATA FEROZ foi interpretada por alumnado de cuarto e terceiro de educación primaria.
O trío formado por Patricia, Paula e Cristina cantaronnos unha nova versión, galeguizada, dun éxito dos anos 80. Do dúo Alex e Cristina  “FAGO CHAS, E APAREZO AO TEU LADO”.
Disfrutamos de xogos MALABARES con parte do alumnado de sexto B e a música do gaiteiro Hevia.
         Un divertido diálogo entre Paula (can) e Carlos (espantallo) deu paso ao máis puro e rico do noso patrimonio folklórico: A muiñeira. Alumnas de quinto e un espantallo bailaron esta antiga danza de orixe celta na que un home baila rodeado de varias mozas a chamada Muiñeira do espantallo.
Voltouse a música esta vez da man de Alba Albariño que nos presentou un instrumento moi empregado na música Folk Celta: O VIOLÍN
         Realizouse a ENTREGA DE PREMIOS do concurso de relato breve
A canción orixinal do grupo coruñés Os diplomáticos de Monte Alto titulada QUERO SER GAITEIRO, interpretada por un grupo de alumnas de 6º B deu paso ao final do Festival das Letras Galegas 2010
Rematamos, como se merece, cantando o himno da nosa terra, con letra do gran poeta galego Eduardo Pondal e música de compositor coruñés Pascual Veiga

OS XOGOS POPULARES


Vaise celebrar a III xornada de Xogos Populares, deste curso, a derradeira semana de xuño, nas instalacións do centro.
O obxetivo destas xornadas é introducir ao alumnado na realización de xogos que poderá disfrutar no seu tempo de lecer, Así como a elaboración, con material de refugallo, daqueles elementos necesarios para a realización dalgúns destes xogos.

 

FESTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2009-10

O DÍA DA PAZ

Durante todo o curso, pero en especial a derradeira semana de Xaneiro, estase a traballar sobre a convivencia, o respeto, a non violencia… en definitiva, pola Paz.
O Venres 29 de xaneiro celebrarase unha Carreira pola Paz, nas instalacións do centro, na que participará todo o alumnado, para conmemorar que o 31 de Xaneiro é o Día Mundial da Paz

O ENTROIDO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro vivirase na escola de Galán o ambente de entroido cos “mandadiños”.
O venres 12 de febreiro celebrarase a festa do Entroido, co tradicional desfile de comparsas, na polideportiva da escola, sendo o tema deste ano “O cambio climático”.

OS XOGOS POPULARES

Vaise celebrar a II xornada de Xogos Populares, deste curso, a derradeira semana de marzo, nas instalacións do centro.
         O obxetivo destas xornadas é introducir ao alumnado na realización de xogos que poderá disfrutar no seu tempo de lecer, Así como a elaboración, con material de refugallo, daqueles elementos necesarios para a realización dalgúns destes xogos.

 

FESTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CURSO 2009-10

 

O SAMAÍN

O venres 30 de outubro celebrouse a festa do Samaín co tradicional encendido das cabazas e a visita das escolas unitarias dos arredores.

cabazas

O MAGOSTO

O venres 6 de novembro non se puido celebrar a festa do Magosto como estaba programada, a causa do mal tempo, e aprazouse para o luns 9 de novembro.

OS XOGOS POPULARES

Vaise celebrar a I xornada de Xogos Populares do curso 2009-10 o LUNS 21 DE  DECEMBRO nas instalacións do centro.

Haberá unha recolleita de xogos tradicionais, por parte do alumnado, cos que faceremos unha exposición e seleccionaranse algúns deses xogos para introducir na  II Xornada de Xogos Populares do curso 2009-10

         O obxetivo destas xornadas é introducir ao alumnado na realización de novos xogos que poderá disfrutar no seu tempo de lecer. Así como a elaboración, con material de refugallo, daqueles elementos necesarios para a realización dalgúns xogos.

O FESTIVAL DE INVERNO

O día 22 de decembro celebrarase no salón de usos múltiples do centro un festival coa actuación do alumnado do centro para despedir o ano 2009 e no que haberá panxoliñas, poesía e danza.