CEIP GRAXAL

PRINCIPAL
O NOSO COLEXIO
OFERTA EDUCATIVA
SECRETARÍA
ORIENTACIÓN
ACTIVIDADES
SERVIZOS
ANPA
ALBUM FOTOS

OFERTA EDUCATIVA
   

 

Información Xeral de Infantil

 

SOBRE

A ROUPA

 

 
  •  Roupa cómoda:

-Preferiblemente CHÁNDAL ou calquera outra prenda que poidan subir e baixar doadamente.

-Zapatos sen cordóns, ou en caso de telos que veñan ben atados.

-Non é conveniente o uso de: cintos e tirantes.

-Non é obrigatorio o uso de mandilón pero sí recomendable. Lembrade que usamos pinturas, barro, rotuladores, area...

  •  Roupa marcada: a maioría dos nenos teñen roupa similar, por iso recomendamos que toda a roupa de fóra veña co seu nome.

  •   As cazadoras e chaquetas deben traer unha tira longa para poder colgar sen que caian.

  •  Tódalas clases de infantil son moi quentes, por iso non é necesario abrigar excesivamente ós nenos, só unha boa cazadora para sairen ó patio.

 

A MERENDA

DE MEDIA MAÑÁ

 

 

Recordamos que os hábitos alimenticios comezan a desenrolarse a edades moi temperás, por iso recomendamos:

  • -O uso dun tentempé a media mañá dado que son xornadas moi longas.

  • -Non é conveniente o uso de: pastelería industrial, lambetadas, patacas fritas e similares.

  • -O ideal sería: zumes, froitas, iogures ( bebibles ou doutro tipo) , bocadillos e galletas normais.

  • -Non se permite o uso de envases de vidro.

 

 

RECOMENDACIÓNS

PARA AS SAÍDAS

 

 

  •  Levar a cantidade de comida que poidan comer, recordade que non vai comer un día o que non come nunha semana. Non mandar comida que se poida estropear co calor.

  •  Se fai sol: o uso de visera e protector solar.

  •  Roupa cómoda.

  •  No caso de que se maree no autobús, consultarllo ó pediatra.

  •  Sobre todo non transmitirlle ós nenos os nosos medos: tranquilizalos e facédelle ver o importante que é a excursión porque o van pasar  moi ben, van xogar cos seus compañeiros e van  ver cousas novas e interesantes.