A
admisión do alumnado neste Centro para o curso 2012-2013
axustarase á lexislación e proceso
que se indican:
1. NORMATIVA
REGULADORA DE ADMISIÓN
-
Instruccións da
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de
Educación e O. Universitaria sobre o proceso de admisión do
alumnado para o curso académico 2012/2013
-
Decreto
30/2007, do 15 de marzo. (DOG, 16/03/2007).
-
Orde do 17
de marzo de 2007. (DOG, 19/03/2007).
- Corrección de erros (DOG,
04/04/2007).
-
Instrucións da xefa territorial do departamento da
Consellería de Educación e
O. Universitaria.
- Resolución do 1 de marzo de 2012 da
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se
fai público o resultado do sorteo a que fai referencia o artigo
34 da Orde do 17 de marzo de 2007.
2.
ADSCRICIÓN DO CENTRO
Os efectos
de continuidade dos estudos de
educación secundaria obrigatoria
o Centro está adscrito ao
ÍES Afonso X O Sabio de A Barcala . Cambre
3.- PRAZO DE
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As
solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial e
deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio desde o día
1 de marzo ao 10 de
abril
,
ambos os dous
inclusive. .
4. PRAZO DE
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE
BAREMACIÓN ALEGADOS.
Naqueles
cursos nos que exista máis demanda que oferta de postos
escolares, os pais,
nais ou
titores legáis do alumnado afectado presentarán no Centro,
ata o 25 de abril,
a documentación xustificativa dos
méritos por eles alegados para a
aplicación
dos criterios de admisión do alumnado, xunto cunha fotocopia do
anexo II presentado anteriormente.
A
presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten
carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a
renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.
5.
PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA
MATRÍCULA
Os alumnos
admitidos no Centro formalizarán a súa inscrición na Secretaría
do 20 ao
30
de
xuño
.
Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta,
decaerá o dereito á praza obtida.
6.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Os servizos
complementarios que se ofrecen no Centro son:
A.
Comedor escolar
-
Lexislación aplicable:
Decreto 10/2007,
do 25 de xaneiro, . (DOG, 06/02/07).
Orde do 21 de
febreiro de 2007 (DOG, 05/03/07).
B. "Programa
mañanceiro" (Concello).
Atención e
almorzo para o alumnado durante a mañá .
OBSERVACIÓNS
IMPORTANTES:
Cada
solicitante poderá presentar unha
única
solicitude,
relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos
que solicita praza. Esta instancia será entregada no centro que
solicita en primeiro lugar. No caso de que o solicitante
presente máis
dunha solicitude, non se terá en conta ningunha delas,
procedéndose á súa escolarización ao final do proceso.
Do mesmo xeito se procederá coas
solicitudes entregadas fóra de prazo.
INFORMACIÓN
COMPLEMENTARIA
1. Deben entregar unha
fotocopia do Libro de Familia (con todas as follas
escritas) ou fotocopia do DNI do alumno así como, se
procede, xustificación documental dunha minusvalía
( en grao igual ou superior ao 33%) ou de ser
familia numerosa.
2. O
anexo II deberá
estar asinado polos dous
proxenitores.
3.
Así mesmo
o domicilio familiar acreditarase mediante
certificado de
empadroamento municipal no que figuren todos os membros da
unidade familiar.Non se admitirán volantes.
4. Os
interesados en que sexa valorada a renda da unidade familiar
deberán facer constar a cantidade resultante da suma dos
recadros 455 e 465 da declaración da renda do ano 2011 de
cada un dos declarantes da unidade familiar.
5. De cara a cumprimentar a
folla 2 do Anexo 2, informámoslles que o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)
do ano 2011
foi: 6.390,13 €.
Permanezan atentos ao taboleiro de anuncios para sucesivas
comunicacións.