|
Que é?
 |
É un programa de protección,
vixiancia e almorzo dos escolares nos centros públicos de Educación
Infantil e Primaria do concello de Cambre. O seu obxecto é
favorecer a acción pola igualdade e a conciliación da vida laboral e
familiar.Este servizo préstase a primeira hora da mañá, antes do comezo
das clases. |
Obxectivos:
O obxectivo principal consiste en facilitar a problemática que os pais teñen
a primeira hora da mañá para deixar aos nenos atendidos antes de ir ao
colexio.
Os obxectivos específicos son:
 |
Aproveitar o tempo para facer
actividades lúdicas e de recreación |
 |
Colaborar coas familias e o
profesorado para que os nenos adquiran hábitos saudables de alimentación
|
 |
Garantir a atención dos nenos por
parte de persoal especializado |
 |
Facilitar o apoio técnico ao servizo
|
 |
Facer un control e seguimento do
servizo prestado. |
Dirixido a:
 |
Alumnos e alumnas dos centros
escolares públicos de Cambre |
Requisitos:
 |
Estar empadroado no concello de
Cambre e estar matriculado nun centro escolar de Educación Infantil e
Primaria do concello |
Plazo de inscripción:
 |
Do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2012 |
 |
Ao longo do curso se hai prazas
baleiras. |
Lugar de presentación de
solicitudes:
 |
No Rexistro municipal do Concello de Cambre
(situado na Casa do Concello ou nas oficinas municipais da rúa Río
Barcés nº 8, A Barcala) |
Condicións do programa:
 |
Duración: de luns a venres
coincidindo co calendario escolar do curso 2012/2013 |
 |
Horario: de 7:30 horas ata o
comezo das clases. |
 |
Persoal: monitores
cualificados que realizarán actividades de tempo de lecer e
camareiros/as para servir o almorzo. |
 |
Temporalidade: Mes completo
ou días soltos ( para comezar o programa nun centro é necesario un grupo
mínimo de 13 alumnos inscritos no mes completo) |
 |
Modalidades: Con almorzo e
sen almorzo. Para que haxa almorzo terán que solicitalo un mínimo de 13
alumnos. O solicitante non poderá modificar, sen previo aviso, a
modalidade solicitada ( con ou sen almorzo, mes completo ou días
soltos), Unha vez posto en marcha o programa nun centro escolar sen
a modalidade de almorzo, ao lomgo do curso non se poderá incluir. |
 |
Lugar: Aula anexa ao comedor
escolar. |
 |
Prazas: Un mínimo de 13 e un
máximo de 26 alumnos por centro. Terá preferencia o alumno que
solicite o mes completo para todo o curso. ( O número máximo de
prazas por centro poderá aumentarse se hai demanda e presuposto
suficiente para facelo) |
Documentación:
 |
No prazo de inscripción:
Ficha de solicitude ( pódese recoller no Rexistro municipal, na concellería de educación ou na páxina web). Título de familia numerosa ( se se dese o caso). Se
houbese máis solicitudes que prazas, trala valoración das solicitudes
presentadas no prazo establecido, nun prazo de 10 días deberá presentar
a documentación requerida polo concello á que se fai referencia no
apartado 2º da ficha de inscripción. |
Tarifas:
|
CON ALMORZO |
SEN ALMORZO |
|
Mes completo |
Días soltos |
Mes completo |
Días soltos |
|
36,40 € |
1,60 € |
24,60 € |
1,00 € |
|
* Os días soltos
contabilízanse ata 12 días. A partir do 13º día cobrarase o mes
completo.
* Estas tarifas
son orientativas e poderán sufrir variacións, o que comunicaremos no
momento oportuno.
* O cobro será mensual por
transferencia bancaria, a través da empresa adxudicataria do
servizo. Cobrarase o importe correspondente á modalidade
solicitada. |
Reducións:
 |
30 % en
función da situación familiar ( familia
monoparental), e tamén con base nos ingresos económicos (renta per
cápita familiar). Esta redución faise con base na baremación
contemplada na ordenanza reguladora do programa. |
 |
50 % no caso
de familia numerosa |
 |
100 % da cota
aos escolares que acheguen informe remitido polos Servizos Sociais
do concello de Cambre ( 3 prazas por centro). |
 |
En calquera
caso as reducións non son acumulábeis |
 |
Para máis información e recollida de solicitudes,
diríxanse á : |
Concellería de Educación do Concello
de Cambr
Tfo.: 981 613 186
educación@cambre.org |