|
O horto
escolar pretende ser un xeito de que os nenos/as entendan, asimilen e
valoren a laboura que a xente do campo fai e que tamén comprendan que as
hortalizas que comen a diario necesitan dun proceso laborioso e moitos
coidados para chegar a ser o que eles ven no prato.
No noso
horto plantamos cogumelos que cando medren serán recollidos para
fritilos nunha plancha e comelos , como premio ao seu traballo.
Tamén sementamos
flores de distintas clases que veremos iren saindo no transcurso da
primavera. |