LEO

A mascota da bilioteca

O BIBLIOBLOG

O BLOG DA BIBLIOTECA

(Para visitar o noso blog preme sobre biblioblog)

 

A biblioteca da escola foi creada no ano 1988
coa intención de achegar o mundo do libro ós nosos alumnos e alumnas.

Conta cun servizo de préstamo.Imaxe dunha persoa lendo

Os nenos e nenas de tódalas aulas acuden  co seu titor ou titora, a biblioteca un día a semana. Alí, consultan os libros que lle interesan e elixen un que poden levar a súa casa alomenos durante 7 días.

Son moitos os exemplares cos que contamos.

Existenimaxe con libros apilados libros que son  empregados como lectura de aula polo que hai un número suficiente para que alumnos e mestre poidan empregalos individualmente.

Doutros só temos un ou dous exemplares de cada título.

Moitos dos nosos libros son de consulta de tódolos temas imaxinables.

Na biblioteca tamén temos xogos de mesa, que os nenos poden empregar no  tempo do recreo.

Ademáis contamos cunha importante colección de dvd e vídeos educativos, que contribúen á aprendizaxe.

A nosa biblioteca está aberta tódalas tardes, agás os martes,  de 16,15 a 18,15 para que calquera dos nosos alumnos poida empregala.

PLAN LECTOR DO CENTRO
PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA CURSO 2009/2010
ACTIVIDADES MAGOSTO-SAMAÍN
 

Se queres facer o teu propio marcapáxinas, fai click aquí.

MARCAPÁXINAS

 
Se queres facer un cartel para ler tranquilo, fai click aquí.

CARTEL

CONCURSO CONTOS DE NADAL CURSO 2010/2011

O PASADO  DECEMBRO  PROPUXEMOS LEVAR A CABO   UN CONCURSO  DE CONTOS DE NADAL.

A PARTICIPACIÓN DOS NENOS/AS FOI MOI NUMEROSA, A PESARES DE SER UNHA ACTIVIDADE VOLUNTARIA

As bases para participar no certame foron as seguintes:

* Os textos tiñan que ser orixinais e inéditos.

* O tema dos traballos presentados tiña que facer relación  a temática proposta, CONTOS DE NADAL!

*Os contos estarán expostos ó longo do mes de decembro na Biblioteca.

*O Xurado estará integrado polos membros do equipo de Biblioteca.

 

As obras gañadoras léronse na Radio Escolar, o luns 20 de decembro. Tamén foron publicadas no blog da Biblioteca. Os gañadores recibiron un agasallo cada un.   

De seguido tedes tódalas obras participantes agrupadas por nivel. Preme sobre cada debuxo e que disfrutedes lendo!

 
Imaxe dun acivro que dá acceso ós contos de 2º

2º Primaria

Imaxe dun acivro que dá acceso ós contos de 3º

3º Primaria

Imaxe dun acivro que dá acceso ós contos de 4º

4º Primaria

Imaxe dun acivro que dá acceso ós contos de 5º

5º Primaria

Imaxe dun acivro que dá acceso ós contos de 6º

6º Primaria