QUE FACEMOS
 



    Aparte das actividades ordinarias típicamente docentes, realízanse outras complementarias entre as que podemos nomear:

     SAÍDAS E EXCURSIÓNS:
Fanse varias ó longo do curso. As saídas curtas dentro da localidade varían dependendo das ocasións ofertadas en cada curso escolar. Con respecto ás excursións fóra da localidade, o máis habitual é que cada ciclo faga unha por trimestre.

    PROXECTOS RELACIONADOS COA ECOLOXÍA:
Un exemplo é o "Proxecto Voz Natura", subvencionado pola Voz de Galicia e a través do que se está a traballar na explotación do noso pequeno invernadoiro.
Ademáis promóvese a reciclaxe mediante concursos de recollida de pilas, cartuchos de tinta de impresora, etc...

    CAMPAÑA "DEPORTE E EDUCACIÓN":
Colaboran monitores que dependen da Diputación Provincial de Lugo, para realizar deportes coma piragüismo e tenis. Accede pinchando aquí.

    EXPOSICIÓNS:
Son de temas variados e feitas a base de material recopilado polos nenos. Algunhas das exposicións levan sido de ANTIGÜIDADES, do OUTONO, de obxectos feitos con material de RECICLAXE, e outras que se recollen nas diferentes celebracións que teñen lugar durante cada curso ("HALLOWEEN", "NADAL", "DÍA DA PAZ",...).

    CONCURSOS:
Particípase en diversos concursos ó longo do curso: poesía, contos, debuxo, etc...

    ANIMACIÓN Á LECTURA:
Lévase a cabo con diversas actividades: fomento cun álbum de cromos (dende Infantil ata 2º Ciclo de Primaria), Pasaporte da lectura (3º Ciclo de Primaria), charlas cun ilustrador (Suso Cubeiro) e contacontos.

     TALLERES:
No curso 2004-2005, en colaboración coa Diputación Provincial de Lugo, ofertamos os seguintes talleres de artesanía: Cestería, Fabricación de papel, Encadernación e Elaboración de instrumentos musicais.
Novembro 2004: pincha aquí para acceder á páxina especial.


     ACTIVIDADES DE SEGURIDADE VIAL:
En novembro de 2004, os alumnos de 3º a 6º de Primaria participaron nun programa de Seguridade Vial,
organizado pola Xefatura de Tráfico en colaboración coa Policía Local de Foz. Disfrutaron practicando aspectos da seguridade vial nun parque de Tráfico instalado nunha nave en Forxán.