Resumo
da Orde do 16 de marzo de 2001 pola que se regula o
procedemento para a admisión de alumnos en Educación
Infantil, Primaria e Secundaria obrigatoria en
centros sostidos con fondos públicos.
Lexislación:
Decreto 87/1995, do 16 de marzo (DOG do 28/03/1995)
Orde do 16/34/2001 (DOG do 11/04/2001)
DEREITOS:
- Tódolos-as alumnos-as no período de ensino obrigatorio
teñen dereito a un posto escolar e en ningún caso
poderá existir discriminación por razóns ideolóxicas,
relixiosas, morais, de raza ou de nacemento.
- Os pais, nais ou titores-as e mailos alumnos-as maiores de idade
teñen dereito a elexir centro docente sostido con fondos
públicos.
REQUISITOS:
- Para a admisión de alumnos nun centro docente será
condición imprescindible reuni-los requisitos de idade e
académicos esixidos pola lexislación vixente.
SOLICITUDES:
- Formularanse segundo modelo oficial, publicado no DOG do 16 de
marzo de 2001, nos prazos establecidos, e utilizando o procedemento
que aprobe a Consellería. Xunto coa solicitude presentarase
a documentación que acredite os requisitos académicos
esixidos ó/á alumno/a, domicilio, as rendas anuais
da unidade familiar e o número de irmáns matriculados
no centro e outras circunstancias alegadas.
- Cada solicitante presentará unha única instancia
no centro que solicita en primeiro lugar, relacionando por orde
de preferencia tódolos centros nos que solicita praza.
- Só deberán solicita-la admisión de alumnos/as
que accedan por primeira vez ós centros sostidos con fondos
públicos para cursa-las ensinanzas correspondentes á
educación infantil ou aqueles alumnos/as que desexen cambiar
de centro.
- Non solicitarán a admisión os/as alumnos/as que
cambian de curso, ciclo ou etapa no mesmo centro, nin os alumnos/as
de educación primaria para acceder ós institutos de
secundaria ós que están adscritos. Estes/as alumnos/as
unicamente deberán formaliza-la reserva de praza no seu centro
nos prazos establecidos no calendario.
CRITERIOS
DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS:
Os centros cando non teñan prazas suficientes para atender
tódalas solicitudes de ingreso rexeranse polos seguintes
criterios: 1. Criterio prioritario:
Os solicitantes que padezan minusvalidez física, psíquica
ou sensorial terán prioridade.
Xustificante: informe do equipo psicopedagóxico. 2. Proximidade de domicilio:
a) Alumnos/as con domicilio na zona de influencia do centro solicitado:
5 puntos.
b) Alumnos/as con domicilio en zonas limítrofes á
do centro solicitado: 2 puntos.
c) Alumnos/as con domicilio no mesmo concello có centro solicitado:
1 punto.
d) Alumnos/as que non estean en ningunha das circunstancias anteriores:0
punto.
Xustificante: certificado de empadroamento. 3. Renda anual da unidade familiar:
a) Rendas iguais ou inferiores ó dobre do salario mínimo
interprofesional: 2 puntos.
b) Rendas superiores ó dobre do salario mínimo interprofesional
que non sobrepasen o cuádruplo do salario mínimo interprofesional:
1 punto.
c) Rendas superiores ó cuádruplo do salario mínimo
interprofesional: 0 punto.
Xustificante: fotocopia compulsada da declaraciónda renda.
4.
Existencia de irmáns matriculados no centro:
a) Primeiro irmán no centro: 3 puntos.
b) Por cada un dos irmáns seguintes: 1 punto.
Xustificante: comprobación por parte do centro.
5.
Outros criterios:
a) Pola condición de familia numerosa: 1 punto.
Xustificante: fotocopia compulsada do título de familia numerosa.
b) Pola condición de minusválido: 1 punto.
Xustificante: certificado médico.
6.
Criterios para resolve-los casos de empate na puntuación
outorgada ós solicitantes:
a) Maior puntuación obtida no apartado de proximidade domiciliaria
b) Maior puntuación obtida no apartado de irmáns matriculados
no centro.
c) A condición de minusvalía.
d) A condición de familia numerosa.
e) Maior puntuación obtida no apartado de renda anual da
unidade familiar.
f) O sorteo público ante o consello escolar do centro.
ÓRGANO
COMPETENTE:
Na admisión de alumnos/as nos centros públicos é
o consello escolar.
COMISIÓN
DE ESCOLARIZACIÓN:
Nas localidades que pola súa complexidade o requiran, os
delegados provinciais poderán constituír comisións
de escolarización, que estarán integradas pola inspección,
directores, representantes de pais de alumnos e un representante
do concello.
Rematado o prazo de resolución polos consellos escolares,
os directores dos centros públicos comunicaranlle á
Delegación Provincial as solicitudes non admitidas, así
como o número de postos vacantes por curso e nivel.
CALENDARIO:
Educación Infantil, Primaria e ESO.
- Do 1 ó 10 de marzo, reserva de praza dos alumnos/as do
centro.
- Antes do 16 de marzo publicación do nº de postos escolares
dispoñibles para o curso seguinte.
- Do 16 de marzo ó 16 de abril presentación de solicitudes
de admisión. (Cando este último coincida con día
non lectivo prorrogarase ata o primeiro día hábil).
- Antes do 10 de maio farase pública no taboeiro de anuncios
do centro a resolución pola que se adxudican as prazas e
a relación de solicitantes, enviando unha copia a Delegación
Provincial xunto co nº de prazas non cubertas, por cursos e
niveis.
- Antes do 10 de xuño faranse públicas as resolucións
das comisións de escolarización.
- Do 20 ó 30 de xuño formalización da matrícula
para Educación Infantil e Primaria.
- Do 25 de xuño ó 10 de xullo para os alumnos
de Educación Secundaria Obrigatoria.
RECLAMACIÓNS:
Contra as resolucións dos consellos escolares, das comisións
de escolarización e da inspección educativa poderá
presentarse reclamación no prazo de 3 días contados
a partir da súa publicación, ante o órgano
que a dictou, que deberá resolver no prazo de 5 días
e contra esta resolución poderá interponerse recurso
no prazo de 5 días perante a Delegación Provincial,
que resolverá no prazo de 5 días.
ZONAS
DE INFLUENCIA:
A información das zonas de influencia terana na inspección
educativa da Delegación Provincial e nos propios centros.
Os/as alumnos/as que soliciten e obtenían praza nun centro
distinto ó que lle corresponda segundo a distribución
de zonas de influencia aprobados pola Delegación Provincial
non terán derito a ningún servicio complementario
gratuito. Para determina-la área de influencia de cada centro
terase en conta a súa capacidade e a poboación que
vai escolarizar. As comisións terán como función
distribuír aqueles alumnos/as que non obteñan posto
escolar no centro solicitado en primeiro lugar entre os centros
que conten con prazas vacantes tendo en conta as preferencias dos
alumnos/as e os criterios do baremo.
Texto
completo: se pinchas aquí, poderás
acceder ó texto íntegro da Orde do 16 de marzo de
2001. Tamén poderás imprimi-los modelos de instancias:
reserva de praza (Anexo I), solicitud de admisión (Anexo
II), solicitud de matrícula (Anexo IVa)