|
2ª
edición do Samaín
Con esta actividade, pretendemos recuperar unha costume algo esquecida
de tallar caveiras nas cabazas o día 31 de outubro. Esperamos que
esta práctica se popularice de novo se todos colaboramos.
No noso colexio, organizamos un día especial, programando varias
actividades.
- Exposición de cabazas na biblioteca do centro.
Os nenos trouxeron cabazas moi orixinais con dous días de antelación
e a participación foi enorme: máis de 120 cabazas!!!
- Elexir a cabaza máis lograda foi imposible, xa que a calidade
das obras foi moi alta. Por iso, decidimos outorgar un diploma a tódalas
nenas e tódolos nenos participantes.
- Os cursos foron visitando a exposición, nun horario establecido.
Apagamos as luces e as cabazas iluminaron a biblioteca dun xeito máxico.
- Antes de irse para a casa, o día 31 de outubro, cada neno recuperou
a súa cabaza para poder disfrutar dela nesta noite tan especial
que é a de Samaín, antecedente de Halloween.
Ver
álbum de fotos da exposición |
|