VISITAS E SAÍDAS
CURSO 2005-2006 
Inicio  Páxina principal de visitas e saídas


3º CICLO DE PRIMARIA: Vigo (9-11-2005)- Marea da Xuventude    >>>Accede

                                                
                                                   A maxia dun conto:

O mércores 30 de novembro, os nenos e nenas de primeiro asistiron a unha sesión de animación á lectura na Biblioteca Municipal de Foz. Disfrutaron coa actuación do grupo Expresión Contacontos, dirixido por Manuel Solla.

 
 
                          A Casa do Queixo (Sobrado dos Monxes):

O mércores 7 de decembro, os nenos e nenas de Primeiro Ciclo de Primaria visitaron este complexo rural. >>>Accede


Centro Dramático Galego: A Cabana de Babaiagá

 Tódolos nenos e nenas de Primaria, dende 1º a 6º asistiron a esta representación en Ribadeo o día 16 de marzo.
 
 

Marcelle: visita do zoo

Os nenos de Primeiro Ciclo de Primaria visitaron este zoo de Outeiro de Rei o día 6 de abril.

3º CICLO DE PRIMARIA: O Grove (27-04-2006)

Este ciclo participou nunha excursión a O Grove. Subiron nun catamarán para disfrutar da paisaxe da costa vista dende o mar, para coñecer os parques de cultivos do mexillón, ostras e vieiras (bateas) e para ver en primeira fila o fondo marino.
Tamén aproveitaron para visitar a illa de A Toxa e a casa de Rosalía de Castro en Padrón.

Accede ó álbum fotográfico dende aquí
 


2º CICLO DE PRIMARIA: A Coruña (03-05-2006)

Este ciclo viaxou á Coruña para ver o Acuario e o Domus.

Se queres ver as fotos, pincha aquí


1º CICLO DE PRIMARIA: Aula de O Veral -Lugo (04-05-2006)

Este ciclo participou na actividade "visita o bosque". Primeiro asistiron a unha pequena presentación no interior da Aula da Natureza. Explicouselles ós nenos as características do entorno e do labor do Centro de recuperación de fauna silvestre e a piscifactoría adacentes. Despois fixeron unha parte da Ruta das Chousas, a través dun xogo de pistas e busca de obxectos agochados polos "Piratas do Bosque". Cada un dos elementos atopados contiña indicacións e adiviñas a realizar relacionados co entorno. Ó final da actividade os nenos tiveron que atopar un mapa do tesouro que lles indicou onde atopalo. Se queres ver as fotos, pincha aquí

 
     EDUCACIÓN INFANTIL: Granxa-escola de Castropol (11-05-2006)

As nenas e nenos de Infantil pasaron o día na granxa-escola e participaron en diversas actividades: fixeron pan, traballaron no horto, montaron a cabalo , tiveron un taller de manualidades e estiveron en contacto cos animais da granxa.
     Se queres ver algunha foto, pincha aqui

Inicio  Páxina principal de visitas e saídas