CURSO 2007/08

O pasado 14 de decembro de 2007 os alumnos tiveron unha charla organizada pola Asociación de Pescadores de Laza sobreo o Río Támega. A coordinadora foia a bióloga natural de Laza Beatriz Blanco que lles explicou aos alumnos a flora, fauna e medio do Río, e a forma de mantelo limpo e non contaminalo.

O pasado 21 de decembro de 2007 os alumnos celebraron a IV Carreira:  'Quilómetros de    Solidariedade' co Congo. A IV edición de “Quilómetros de Solidariedade” en solidariedade coa Republica Democrática do Congo, no curso 2007-2008 xa estaba en marcha,  preto de 800 Centros Educativos de todo o país, inscribiron aos seus alumnos e alumnas, nenos, nenas, mozas de entre 3 e 18 anos, puxéronse o dorsal e realizarán un gran esforzo para axudar aos nenos e nenas da Republica Democrática do Congo.

Xa se realizaron numerosas carreira, con motivo do día Internacional do Neno, o 20 de Novembro, nelas os participantes non só colaboraron co seu esforzo deportivo senón que se involucraron en sensibilizar á súa contorna a través de carteis, murais, debuxos.