
Como todos os anos é tradicional no C.E.I.P. "O CASTIÑEIRO " celebrar o Entroido. O Xoves de Comadres o Centro participa no desfile polo pobo no que os alumnos/as van disfrazados e algúns con chocos. Ademais durante a semana do entroido cada día os alumnos/as tran cada día algo co que se van disfrazando, engadindo cada día o do día anterior.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|---|---|---|---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |


O
Entroido de Laza é unha festa moi especial, diferente de calquera outro tipo de
festa. A xente esquécese por uns días da rutina de todo o ano e trata de
divertirse o máximo posible.
O personaxe central do noso entroido é o Peliqueiro, todo
xira arredor del. É unha máscara vistosa, que infunde respecto e admiración, é
a autoridade máis grande do pobo, os ruidosos chocos que levan na cintura
danlle poderío e todos nós apartamos ó seu paso.
Aparte do Peliqueiro hai outras actuacións espontáneas da xente que xorden ó
longo dos días: disfraces orixinais, charangas, cantarolas, carrozas
pintorescas..., pero as máis especiais son a aparición da morena entre a
multitude da xente votando formigas e o testamento do burro, que é unha crítica en ton humorístico que lle sucedeu a xente do pobo durante o ano.
![]() |
![]() |
|---|
![]() |
|---|
A morena é un personaxe do Entroido do meu pobo, Laza.
Representa unha vaca que baixa da montaña, do alto de Cimadevila.
Está
feita de madeira dura. Ten dous ollos redondos e a lingua longa e vermella. O
seu corpo é un pao grande cuberto por unha manta de cadros marróns.
Ten dous cornos curtos e afiados cos que embiste as mulleres que levan saia curta. Ven acompañada de homes que levan sacos de plástico grandes e cheos de formigas pequenas e rabiosas.
Un home forte e valente vai debaixo da Morena e paséaa pola
famosa Praza da Picota. A Morena volta, rodeada de toxos grosos e cobelleiros
verdes ó barrio de Cima de Vila e non volve ata para ó ano que ven no Entroido.
![]() |
|---|
![]() |
|---|
O maragato é un Peliqueiro
mal vestido, aínda que ó que lle chamamos maragato non é tal, se non que aquí
para nós chamámoslle Peliqueiro de Verín.
Leva unha careta moito máis pequena ca do
Peliqueiro, mais plana coa barba moita máis grande e ancha. O nariz é moito
mais avultado, os coloretes son dun vermello moito máis escuro co do
Peliqueiro. Algúns levan outro tipo de careta.
A chaqueta sempre vai rota, e vermella sen galóns.
A camisa que levan, en vez de ser branca está toda sucia. Algúns levan faixa e
outros non. O pantalón é tamén parecido ó do Peliqueiro, so que lle faltan
encaixes ou ben non os levan. Os pondóns que colgan son grandes, levan ligas
que son cordas das alpacas e outras unhas gomas. As medias caseque todos as
levan rotas.
Algúns levan botas, outros
tenis ou zapatos vellos. E por último levan dúas ou tres chocas e van saltando sen zamarra.
![]() |
![]() |
![]() |
|---|