|
| |
Este ano o día das letras galegas adedicouse a
María Mariño Carou
naceu en Noia o 8 de xuño
de 1907. De familia humilde, -era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a
escola para exercer como costureira. As prementes necesidades económicas en que
vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro),
onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente
esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita,
na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que
enriquecerá a súa formación e sensibilidade.
A autora noiesa vive parte da guerra civil española en Algorta (Biscaia), e
posterioremte escribirá, produto das lembranzas desta traxedia, o relato inédito
“Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra“. Finalizada a guerra civil
contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola
súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de
nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha
fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa,
instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.
En 1953 coñeceu a Uxío
Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño
comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía,
entrando en contacto con outros escritores como
Manuel María, Domingo
García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou
Ramón Piñeiro. No
entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son
escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta
de Lugo publica Palabra
no Tempo, con prólogo de
Ramón Otero Pedrayo,
e só vinte e sete anos despois coñeceremos
Verba que comenza
(1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. Á métrica tradicional do
primeiro poemario sucederase o versolibrismo en Palabra no Tempo, cunha
constante ao longo de toda a súa traxectoria: intimismo radical e liguaxe
rupturista.
María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que
padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na
historia das nosas letras. (Ver
obra completa)
No Centro fixéronse durante todo o mes diversas
actividades
ARRIBA
|