


O C.E.I.P. "O CASTIÑEIRO" atópase no concello de Laza, que pertence á comarca de Monterrey. Este concello está situado no sureste da provincia de Ourense. Limita
ó Norte cos concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, ó
Sur cos concellos de Castrelo do Val e Monterrei, ó Leste
con Vilariño de Conso e Castrelo do Val e ó Oeste con Vilar de Barrio, Sarreaus e Cualedro. Ten unha superficie de 215,90 km², sendo un dos concellos máis extensos de Galicia. A súa latitude é de 42º
O concello de
Laza atópase rodeado na parte Norte e Nordeste por unha área montañosa que
comprende as serras de: San Mamede, Fial das Corzas e Invernadoiro,
sendo este último un espacio natural protexido. Ó Sur temos tamén importantes cordais montañosos nos que destaca o “Llano das minas“. Polo Oeste rodéannos o Monte Meda, Altos de Baldriz,
e Alto de Penalba .Deste xeito o centro do concello queda nunha depresión formada polo río Támega.
Este sector central, aparece recuberto por aluvións de orixe terciaria e
cuaternaria que na súa área
sur pertencen xa ó val de Monterrei.
Se queres ver onde estamos no mundo
con outro visor (Local Google)
podes pinchar na seguinte imaxe e de paso podes tratar de atopar a túa casa, colexio, outro pais,.... Usando o zoom (+) pódeste acercar ata ver
estas imaxes e as frechas serven para ir á dereita, esquerda, arriba ou abaixo.
Google Earth
É necesario ter instalado o software "Google Earth", pode descargalo gratuitamente aquí.

