SECCIÓNS

EDITORIAL

 
 

 Empezamos a camiñar con este proxecto de revista escolar dixital por unha senda difícil de abrir pero que, unha vez aberta e orientados os primeiros pasos, seguro que nos proporcionará grandes satisfaccións.

  Nestes primeiros momentos vémola como unha ferramenta para que o alumnado se achegue ó mundo da informática a través dun traballo sistematizado e orientado á consecución de obxectivos nas áreas de lingua galega, coñecemento do medio e educación artística.

  Agardamos que co tempo este proxecto se consolide e sexa un elemento integrado na dinámica deste centro e unha fiestra aberta ó mundo da internet.

Equipo de Normalización

A Voz das Dunas dixital

© Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Olveira - A Igrexa s/n - 15969 RIBEIRA (A CORUÑA)