
| Esta é
unha das festas tradicionais galegas que vimos celebrando no centro ó
longo dos anos. O XOVES 16 de novembro a partires das 13:00 horas celebramos a tradicional festa do MAGOSTO. Este ano acompañounos o mal tempo, choiva e vento, pero deunos unha tregua para poder disfrutar desta festa. Xa en días anteriores nas clases traballouse sobre a castaña e outros productos do outono para o seu mellor coñecemento. Pola mañá os alumnos de Educación infantil traballaron en talleres e xogos, organizados polas titoras, relacionados co tema do Magosto. |
|
||||
|
|
Os alumnos de
Primaria adicaron a mañá a traballar en
unidades didácticas relacionadas co Magosto. Tódolos alumnos e mestres-as elaboraron un marcapáxinas cun personaxe especial "a castaña" para invitar aos seus pais/nais a participar nesta festa. De novo este ano trouxemos un castañeiro para que nos ase as castañas pero este curso non contamos coa locomotora debido ao mal tempo para sacala. Antes da degustación cantamos cancións do magosto, relatamos refráns e poesías relacionadas con este tema e logo pasamos a degustar as castañas. Nesta degustación tamén poden participar os pais-nais. |
||||
|
|||||
|
|
|||||
|
|
O noso alumnado invitou ás súas familas con estes marcapáxinas nos que cada curso escribiu un refrán relacionado co magosto e a castaña |
||||
|
|
|||||