Percibindo os ulidos

A parte interna do nariz está formada por dúas paredes: a pituitaria amarela e a pituitaria vermella ou rosada.
- Na amarela ou olfactoria atópanse os receptores do olfacto que envían toda a información ó bulbo olfactorio, que é onde se recolle o estímulo, transformándoo nun impulso nervioso.
- A pituitaria vermella ou respiratoria, chea de vasos sanguíneos, axuda a regular a temperatura do aire que entra e sae dos pulmóns, poñéndoo morno.
É importante saber que para que un corpo ula é preciso que sexa volátil ; é dicir, que emita pequenas partículas químicas que se disolvan na mucosidade da pituitaria. A intensidade dos ulidos depende da maior ou menor cantidade de partículas volátiles emitidas. Os corpos provistos de ulido chámanse odoríferos, e os que non, inodoros.
Cando as sustancias olorosas- moléculas de ulido – entran no nariz disólvense na mucosidade nasal, activando as terminacións nerviosas dos cilios das células receptoras, que xeran un impulso.

As células receptoras do olfacto están ubicadas no alto da cavidade nasal, nunha zona especializada da membrana mucosa chamada epitelio olfactivo. As fibras destas células esténdense ata o bulbo olfactorio , conectado coas zonas olfactivas do cerebro.

CEIP "RAMÓN OTERO PEDRAYO"
A LARACHA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ceip.pedraio.laracha@edu.xunta.es
Inicio