O GUSTO

ZONAS GUSTATIVAS DA LINGUA

A lingua está recuberta por unhas 10.000 papilas gustativas, agrúpanse en áreas sensibles ós sabores doces, acedos, salgados e amargos. Os compoñentes químicos da comida que inxerimos estimulan ós receptores de cada unha destas zonas e os nervios transmiten estes impulsos ó cerebro. O sentido do olfacto engade información ata conseguir unha ampla gama de sabores.

ANATOMÍA DA BOCA

Nos seres humanos, a boca é parte integral da dixestión, da fala e da respiración. A comida entra pola boca e é triturada polos dentes ( dixestión mecánica ) e polos encimas segregadas polas tres glándulas salivares que aparecen no debuxo ( dixestión química ) . Xunto coa lingua e a cavidade nasal , a boca modifica as ondas sonoras que se orixinan na larinxe para produci-los sons da fala. O aire inhálase e exhálase a través da cavidade oral e da cavidade nasal.


CEIP "RAMÓN OTERO PEDRAYO"
A LARACHA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ceip.pedraio.laracha@edu.xunta.es
Inicio