
O TACTO
Este sentido é fundamental, posto que
os outros considéranse especializacións do tacto. Así,
para percibi-los sabores é necesario poñe-lo alimento en contacto
coa lingua. O mesmo pasa cos olores, que deben toca-la pituitaria.Vemos un
corpo cando a luz que este emite o reflicte na retina. Os sons deben chocar
contra o tímpano para que se inicie a vibración que nos xera
a audición.
Á pregunta de cal é o órgano máis grande do corpo, seguramente que respondas que o corazón ou quizais os pulmóns. Pero a resposta correcta é: a pel, que ademais é o órgano de maior sensibilidade táctil.
A través da nosa pel
percibimos todo tipo de sensacións, cada unha delas con receptores
específicos: a sensación táctil-contacto-, a presión,
o frío, a calor e a dor. Calcúlase que na pel humana existen
arredor de catro millóns de receptores para a sensación da dor,
500 mil para a presión, 150 mil para o frío e 16 mil para a
calor.
