c.e.i.p. "Otero Pedrayo"
A Laracha
| Nome
común en galego
Nombre común en castellano Nome científico |
Chícharo. Guisante. Pisum sativum. |
|
|---|---|---|
|
|
Pranta de longo talo erecto, de altura diversa segundo a variedade. Follas compostas. É pranta trepadora e o seu froito aparece nunha vaíña que contén varios froitos esféricos de cor verde brillante. |
|
|
Utilidades: - Medicinais - Cosmética
|
É enerxético e moi nutritivo, útil para mellorar as anemias e nos procesos de convalecencia. Pódese preparar unha mascariña de beleza para mellorar a pel. Pode consumirse
en forma de puré, sopas e minestras. |