.XUNTA DE GALICIA PORTAL EDUCATIVO.


Índice O colexio Ciclos e áreas Actividades O entroido Enlaces
 

  A nosa biblioteca escolar ven de sufrir unha transformación total. Dunha ubicación reducida, trasladámonos a outro espacio moito máis amplo e luminoso onde poderemos desenrolar toda unha serie de actividades ó longo do curso escolar. Levouse a cabo unha remodelación total deste novo espacio no que agora se atopa, pintando toda a estancia e colocando nas súas paredes corcho. Tamén adquirimos unha nova superficie de goma para cubrir parte do chan, para que os rapaces máis pequenos teñan o seu "curruncho" de lectura. Adquirimos, así mesmo, novo mobiliario (estanterías, mesas,...) e ampliamos o noso fondo de títulos.

      Entre as actividades que estamos a pór en marcha, levamos a cabo un concurso para escoller unha mascota para a nosa biblioteca. Este concurso realizámolo a nivel de ciclos, e aquí podes ver os finalistas, e a mascota finalmente escollida.

       Outas actividades que temos previstas realizar son.

  1. Letreiro buzón e mascota para sugerencias.

  2. Mascota en papel cartón.

  3. Facer pegadas da mascota.

  4. Plastificar e colorear a historia.

  5. Avisar os titores que poden visita-la biblioteca.

  6. Facer carnets ca imaxe de Papacontos.

  7. Elaborar normas da biblioteca.

       Tamén temos prevista a súa inauguración cunha serie de actos que se levarán a cabo co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas o vindeiro mes de maio. Este conxunto de actividades abranguerán o campo da música, da ilustración de textos, e a declamación de poesías do autor o que se lle adica esta ano as Letras Galegas, entre outros.

Bibliotecas Escolares
Galería fotográfica
Buscadores e diccionarios
Diccionario R.A.G. Diccionario R.A.E. Un buscador moi completo
Busca imaxes, video, mp3... Buscador de Microsoft O buscador galego
Teatro Papacontos
Lecturas recomendadas
Letras Galegas 2008

Boletín da biblioteca nº1