Secretaría Xeral de Política Lingüística


Índice O colexio Ciclos e áreas Celebracións O entroido Enlaces
 
Actividades 2005/06
Actividades 2006/07
Actividades 2007/08
Actividades 2008/09

 

Actividades curso 2005/06.- SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Como tódolos anos, convocamos un concurso a nivel interno do noso centro, para que os nosos alumnos e alumnas elaboraran unha pegatina cun debuxo e un lema relacionado co fomento do uso da nosa lingua. Escollimos dous traballos por ciclo e unha delas foi declarada gañadora. Todos estes traballos seleccionados terán premio, que lles será entregado co galo da celebración do Día das Letras Galegas no noso centro.

Gañador

Primeiro ciclo Segundo ciclo Terceiro ciclo

Arriba

Actividades curso 2006/07.- SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano fixemos coincidir os actos da celebración da Semana das Letras Galegas coa inauguración da nova Biblioteca Escolar, un espazo adicado á lectura, ó disfute dos libros e ó traballo que coa axuda deles podemos levar a cabo. Dentro destes actos programáronse:

  • Lectura de poemas da autora ó que se lle adica o Día das Letras Galegas, María Mariño Carou e de Rosalía de Castro, que presta o seu nome ó noso colexio.

  • Interpretación de pezas musicais por parte de alumn@s do centro.

  • Posta en escea de dúas obras de teatro, unha por parte dun grupo profesional e a outra polo alumnado do centro.

  • Charlas coloquio da psicopedagoga Antía Cal e do ilustrador Anxo Fariña.

  • Publicación dun libro onde os alumn@s  do centro crearon unha historia sobre a Lagoa de Antela e un dos seus máis famosos habitantes, a nosa nova mascota da biblioteca, a rá Papacontos.

Ademáis destas actividades relacionadas coa inauguración da biblioteca escolar, tamén organizamos dous concursos entre os rapaces e rapazas do colexio. Un de pegatinas con lema sobre a potenciación do emprego do galego, e outro de narración de tema libre. Se as queres ver máis grandes fai CLIC sobre elas. Os gañadores en ambos apartados foron:

Marco Rivero         Gañador Ed. Infantil Daniel Cid Gañador 1º ciclo Tania Montero Gañadora 2º ciclo Iago Martínez Gañador 3º ciclo Laura Rivero Gañadora 2º ciclo Ana Romero  Gañadora 3º ciclo Víctor Sanmamed Premio especial "María Mariño"
Concurso pegatinas - lemas Concurso relato breve

   Tamén empregamos diverso material (tanto elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do centro, como o que se proporcionou dende a Consellería) da autora ó que se adica este ano o Día das Letras Galegas, para darlle publicidade a esta celebración por tódalas dependencias do noso colexio, tentado facer máis familiar todo o relativo á vida e obra de María Mariño Carou

Arriba

   

           Actividades curso 2007/08.- SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

  Xa temos instaurada dun xeito oficioso a Semana da Letras Galegas na biblioteca do noso centro. Este traballo levámolo a cabo coa colaboración do equipo de dinamización da biblioteca do centro, os equipos de ciclo, o departamento de música e o equipo TIC. As actividades fixadas para este ano foron:

  • Conferencia por ciclos co escritor X.H. Rivadulla Corcón

  • Encontro co músico Tino Vaz

  • Declamacións de poesías e actuacións musicais de alumn@s do centro.

   Como novidades para este ano confeccionamos unha montaxe multimedia sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano co gallo do Día das Letras Galegas, e a celebración dun festival co mesmo motivo onde participan moitos alumnos e alumnas do noso colexio.

   Tamén convocamos un ano máis os concursos de autocolantes, relatos breves e cómic para todos os cursos e ciclos do centro. Os gañadores foron os seguintes: (Recorda que se os queres ver máis grandes ou en toda a súa estensión fai CLIC sobre eles)

Concurso de relatos breves e cómics

Ángela Tejada

Gañadora 1º ciclo

Pablo Rodríguez, Mustapha Nouri, Nerea Pérez, Iván Vaz e Xosé Rivero

Gañadores 2º ciclo

Sheila Rodríguez

Gañadora 3º ciclo

Araceli Conde e Lara Colmenero

Premio especial "Xosé Mª Álavarez Blázquez"

Concurso de autocolantes
Laura Rodríguez  

Gañador 1º ciclo

Tania Montero

Gañadora 2º ciclo

Pablo Cid  

Gañador 3º ciclo

 

   Tamén contamos coa participación de toda a comunidade educativa para organizar un gran festival co gallo desta celebración onde os alumn@s do centro puxeron en escea todo o seu talento en distintas obras de teatro, bailes, dramatizacións,...

 Agradecerlle a todos os nenos e nenas do centro a súa adicación e a todos os profesores que colaboraron en todo, e fixeron posibles a realización das moitas actividades que se levaron a cabo.

                    GRACIÑAS

Arriba

             

 

Actividades curso 2008/09.- SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

     Un ano máis celebramos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Biblioteca, o Departamento de Música e co Equipo TIC do centro unha semana chea de actividades para ensalzar a importancia da nosa lingua e para recordar a vida e obra do autor ao que se lle adica este ano a Semana das Letras Galegas: Ramón Piñeiro. Este ano elaborouse un video no que se salientan os feitos máis destacados da súa traxectoria vital:

     Ademáis leváronse a cabo unha serie de actividades (ver programa) nas que contamos coas seguintes visitas ó noso centro:

  • Iago e .., dous contacontos que fixeron as ledicias dos nosos alumn@s.

  • Olga Andrés, cantautora da nosa vila, Xinzo de Limia, que nos deleitou coa súa suave voz e o seu profundo espíritu poético.

     Tamén organizamos unha gran actuación dos nosos alumnos e alumnas onde nos mostraron todas as súas capacidades artístico-literarias.

      Este ano tivemos a novidade de programar un ciclo de películas en galego adaptadas o nivel de cada ciclo do noso centro. Chamamóslle a "Semana de cine en galego" (ver programa), e resultou ser un completo éxito, tanto polos títulos escollidos como pola aceptación deles por parte dos rapaces. Contamos con darlle continuidade a esta actividade en vindeiros anos.

      Como ben sendo norma estes últimos anos, tamén organizamos un concurso de relatos e outro de debuxo. Fíxose a entrega de premios na gala celebrada na biblioteca e os premiados este ano foron:

Fai click para vela máis grande

Fai click para vela máis grande Fai click para vela máis grande Fai click para vela máis grande Fai click para vela máis grande Fai click para vela máis grande

Raúl Parejas 2ºC

Noelia Rodríguez 1ºB Carmen Rodríguez 2ºB Carmen Canal 4ºB Miriam Opazo 5ºB Ater, Mustapha, Xosé, Naiara e Pablo 4ºB
Gañador Premio 1º ciclo Premio 1º ciclo Premio 2º ciclo Premio 3º ciclo Premio especial "Ramón Piñeiro" ao traballo en grupo
Concurso de marcapáxinas Concurso literario

    O debuxo gañador tivo como recompensa, ademáis do seu correspondente premio, ser seleccionado como marcapáxinas do centro, que foi distribuído entre todos os alumnos, mestres e persoal non docente do centro.

      Tamén demos a coñecer, dentro dos actos programados na gala da biblioteca do centro, unha campaña institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística a prol do uso da nosa lingua que ten como lema "En galego tes todo por vivir"

 Para finalizar, sinalar e recoñecer o esforzo de todos, mestres e alumnos, por organizar e levar a cabo todas estas actividades. Sin eles non sería posible ensalzar a importancia da nosa língua nas nosas vidas ó longo de todo o curso e moi especialmente esta Semana das Letras Galegas.

 

 

Arriba