Como tódolos anos, celebramos no colexio a festa do Samaín. Na clase de inglés chamámoslle Halloween, pero a “teacher” explicounos  que as dúas festas son similares.

 

Esta festa ten as súas raíces na cultura celta. Os celtas eran un dos pobos que vivían no centro de Europa na Idade Antiga. Foron coñecidos por ser un pobo guerreiro e indómito, o que explica que viviran nos castros, cidades amuralladas con fosos e parapetos defensivos. Tiñan tamén un idioma propio e unhas tradicións ancestrais vinculadas á natureza.

Dentro do

 Este pobo cría en moitos deuses e celebraba catro  grandes festas ó ano. Dúas delas relacionábanse co inicio ou fin das estacións :

 

- Samain, 1 de novembro, o comezo do inverno

 

- Beltain, 1 de maio, o comezo do verán

 

Había outra celebración central,  o Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos froitos

e  unha última festa ,  o
Imbolc, o  1 de febreiro.