![]()

A noite do 31 de outubro está relacionada co mundo dos mortos e esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crian que esa noite, unha "porta" se abría, e a dimensión dos vivos póñíase en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, e mesmo se podía pasar ao mundo dos mortos e reunirse cos antepasados.. Por iso en toda a aldea había fogueiras. Non se acendían coa intención de horrorizar aos malos espíritos, se non que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e se puidesen quentar ca calor do lume do lar

Durante a noite do 31 de outubro os druidas ( os sacerdotes ou sabios celtas) recollían cunha fouce de ouro as baias do visco dos troncos de aciñeiras e carvallos. E por que unha fouce de ouro? Moi sinxelo: Os celtas consideraban a este metal como un metal puro, e era polo tanto o único que se podia utilizar para estas tarefas.
Acto seguido os druidas depositaban esas baias nun caldeiriño ou tirábanas a un manto branco que sostiña outro druida no chan. Esas baias tan especiais terian poderes curativos para a xente, e para as súas pocións máxicas.
Polo Samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter levado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Hoxe en día, en Galicia, consérvase a tradición das cabazas acesas, cócense en moitas casas castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros. Aliméntanse e acéndense pequenas candeas que flotan dentro de cuncas de auga e aceite. Cando estas candeas se consumen, dise que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz
Durante eses días antes dNo aninovo, tiñan lugar tamén sacrifizos de animais: había que comezar a almacenar comida para facer fronte aos duros meses que viñan por diante. Estes sacrifizos de animais facianse co obxectivo de se provisionaren de carne e de pel para o inverno. Era a sua peculiar matanza, como a que se celebra en Galiza polo San Martiño.
Maioritariamente, pervive tamén o magosto con castañas ou bullós, nunha celebración na que tamén é frecuente que se probe por vez primeira o viño novo.
Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín, especialmente en Cedeira, que foi hai máis de quince anos a vila que recuperou o costume.
Se se
buscan nos libros celebracións que se fan en Galiza con ocasión do
"día de defuntos" atoparemos unha serie de costumes ancestrais
propias
da nosa nación. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida e/ou bebida
para os defuntos até facer colares coas castañas novas. Si se pregunta as
persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia,
Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Carballeda de Avia...) lembrarannos
que tamén era habitual polo día de Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas
caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixa-las nos camiños para
asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festa dos Defuntos, o dous de
novembro. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo
celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na
escuridade con candeas no seu interior.

Os nosos traballos
http://www.iregua.net/cultura/religion.htm
http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain
http://www.aragonesasi.com/elfos/06/l11samha.htm
A