A natureza humana conleva unha contínua progresión física, ética e formativa. No noso labor educativo consideramos de suma importancia o coñecemento dos costumes, hábitos e a sabedoria dos nosos antergos, xa que dito coñecemento vai servir para estudia-la evolución da ciencia ó longo dos anos. Pouco a pouco, o traballo manual e artesán foi dando paso á mecanización, gracias os grandes avances científicos xurdidos a partires da metade do século XX. Sen embargo estes avances non serían posibles sin as experiencias acadadas con anterioridade. Por todo isto consideramos necesaria a investigación na nosa cultura tradicional, para que os escolares a coñezan, e non esquezan que todo aquilo do que agora disfrutamos tivo unha orixe e xurdiu como consecuencia dunhas ncesidades que, dalgunha maneira, provocaron que a intelixencia do xénero humano estea sempre en contínua evolución.
|