Limiar

A sega

A malla

O muíño

O pan

Cospeito

Poidemos facer este traballo gracias ó interese pola recuperación e conservación dos costumes que levan a cabo moitas persoas deste fermoso concello, a elas e, sobre todo, á súa hospitalidade e colaboración, vaia o noso agradecemento.

Cospeito no mapa
Atopáse Cospeito na comarca da "Terra Chá", no partido xudicial de Vilalba, unha zona caracterizada pola súa planicie e cun enorme valor ecolóxico. Este ven dado pola variedad de habitats e a riqueza da fauna e flora que contén.
Os seus humidales reciben unha numerosa avifauna; durante o inverno son moitas as garzas e cigoñas que os elixen como lugar apropiado para pasar a tempada de frío.
Observatorio
Nas súas lagoas habitan tamén numerosos réptiles e anfibios. Todo isto fai desta comarca un lugar idóneo para visitar e para estudiar, sin olvida-la flora, lóxica dos terreos con moita humidade.
A lagoa
A memoria histórica é, en algunha parte fantástica, considera que Cospeito foi unha cidade lacustre, habitada en principio polos celtas, que nas súas crenzas relixiosas adoraban ó río Tameobrigo (Támoga).
Xa nos tempos romanos crese que estes contaban cunha fortaleza en Muimenta. Achegándonos ó medievo tense constancia das fazañas do trovador Ruy López de Aguíar, Sr. da Pena de Cospeito e das revoltas irmandiñas que afastaron as torres de Támoga e Caldaloba.
Nesta última, a filla e o xenro do Mariscal Pardo de Cela osaron rebelarse contra os Reis Católicos na persoa do seu representante.
Torre de Caldaloba

Ir ó inicio "Pan e viño na cultura tradicional"
E agora imos descubrir máis sobre Cospeito. Preme na boneca
Imos facer un traballiño
Para coñece-lo proceso do viño, preme aquí
Ir a Ribeira Sacra