
Angazo: instrumento agrícola que consta
dun mango longo e unha travesa con dentes. Pode ser de madeira ou de ferro.
Serve para xuntar ou espalla-la herba, tamén a palla, as follas, o estrume...
Nalgunhas comarcas tamén recibe o nome de engazo
Espalladoira: apeiro de labranza que consta dun
mango de madeira ou ferro, e tamén cuns dentes de ferro. Empregáse
xeralmente para separa-la palla do gran.

Forcado:é un aparello de labranza. É
un sinónimo de forquita e forquilla.
Está formado por un mango de madeira moi
longo rematado nun extremo cunha peza de metal con catro dentes.
