cardiña

 

Cardiña: fouce pequena con mango longo de madeira. O seu gume ten forma de media lúa e está feito de metal. Emprégase para poda-las ramas das árbores.

 

gadaña

Gadaña: é unha ferramenta agrícola que se usa para segar a rentes da terra. Está formada por unha folla curvada e rematada en punta e cun mango longo que se manexa coas dúas mans.

 

mallo

Mallo: utensilio formado por dous paos, un longo, a mangueira, e outro máis curto, a pértiga, unidos por unha correa. Úsase para malla-los cereais ou os legumes. As pezas de coiro polas que se unen os paos son dúas, cidoiro (a da pertiga) e carrachola (a da mangueira).