Betanzos

Unha vez máis, queremos que os nosos traballos (sobre os artesáns nesta ocasión) sirvan para mellora-lo coñecemento da nosa Comunidade. Por ese motivo imos presentar aquí unha fermosísima vila que ten máis que merecido un pequeno apartado na nosa páxina.

O Concello de Betanzos atópase entre dous ríos Mendo e Mandeo. O relevo está moi marcado por este encaixonamento. O Mandeo vén desde a serra da Cova da Serpe e forma un val moi pintoresco. Ó fondo está a ría de Betanzos. O terreo é moi fértil e productivo. Abonda a gandeiría, as adegas e industrias madeireiras.

A situación xeográfica é responsable do microclima con temperaturas máis suaves e menos precipitacións de Galicia.

Betanzos e arredores
Vista aerea de Betanzos

 

O nome de Betanzos podería vir do Brigantium citado polos xeográfos grecorrománs. A historia a sitúa entre as poboacións máis antigas de Galicia atribuíndo a súa fundación a Breogan, caudillo celta.

Na súa historia hai moitos períodos axitados nos que a valentía dos moradores foi quen de vencer ós moros e normandos. O rei Alfonso VIII de Castela concédelle o título de Vila é trasládase ó Castro de Untia. No 1465 Enrique IV dalle o título de Cidade. No tempo dos Reis Católicos pasa a se-la capital dunha das sete provincias galegas.

Igrexa de San Francisco
O lugar do ferreiro.
Toda a vila ten moi presente a historia é tódolos anos volve ó pasado celebrando unha Feira Medieval, na que os artesáns saen ás rúas para facer os instrumentos e apeiros tal como os facían na Idade Media.
Volta á cesteiría

Para saber máis e viaxar no tempo, preme no libro

Maís información sobre Betanzos