![]() |
![]() |
Na elaboración das campás non se empregan ferramentas, é un traballo plenamente manual. Tan só para apisoar a terra, no proceso de preparación para o recheo do molde, usánse uns tacos fortes cos que baten no chan ata que a terra adquire consistencia. |
![]() |
O proceso comprende varias etapas, a primeira é a elaboración dos moldes. O primeiro destes, de gran consistencia, elabórase con barro mesturado con aramio e cáñamo. Para darlle a forma da campá utilízase unha táboa de madeira recortada co perfil que vai ter. O segundo molde, recobre o primeiro (unha vez seco), faise de barro e nel incrústanse as letras ou inscripcións que logo van aparecer na campá. Logo ven a capa de cera. O terceiro molde recobre ó intermedio e nel quedan gravadas as letras que estaban neste. |
![]() |
![]() |
![]() |
|
A
asa da campá ten un molde no que queda o oco dunha plantilla de
madeira coa forma. Este novo molde dispón de dous buracos, un para
introduci-lo metal fundido e outro para saída dos gases.
|
![]() |
![]() |
O proceso de secado dos moldes faise no mesmo lugar onde están, poñendo lume por baixo deles. Dependendo do tamaño da campá, pode durar un mes. No caso das campás, o segundo molde retírase e ponse de novo o terceiro por riba do primeiro. O oco que queda entre os dous é o que vai ocupar o metal fundido, é dicir, a campá. O maior ou menor tamaño destas é o responsable do son máis ou menos grave. |
|
Unha vez feitos os moldes, colócanse nunha plataforma ó lado do forno onde vai fundi-lo metal, e bótanse capas de terra. Isto é así no caso destes artesáns, noutras zonas o que fan é soterralas nun buraco aberto no chan. Tápanse os ocos (onde logo vai entra-lo metal fundido) cun pano, e pónse por riba un peso, para que non entre o po. Algunhas persoas baten na terra ata que as campás quedan cubertas. Este proceso pode durar dous días. |
![]() |
![]() |
Nun forno que está ó lado da plataforma e que debe alcanzar unha temperatura de 900ºC, fúndese o metal. Utilízase madeira de eucalipto ou pino porque é a máis adecuada. O metal fundido, a aleción de cobre e estaño nas proporcións axeitadas para acada-la sonoridade propia destes artesáns, sae do forno a través dun buraco. Este comunica cuns regos feitos na terra e que conducen ó cumio de cada unha das campás. Alí entran polo espacio deixado ó retira-lo segundo molde enchendoo. Este proceso dura aproximadamente cinco horas. |
|
Logo de enche-los moldes deixánse enfriar dous días; rómpense, extráense as campás e procédese ó pulido e colocación do badalo e soldado da asa. Os artesáns campaneiros non só fan campás novas, tamén refunden aquelas que rachan despois de moitos anos de uso, e aproveitan así o metal do que están feitas. |
![]() |
![]() |
![]() |
Unha
campá rota agarda ser fundida de novo no obradoiro destes artesáns.
Ó lado podemos ver unha, nova, que leva a inscripción dos
irmáns Ocampo.
|
| Vai ve-las raices das campás nas tradicións |