
Corno da pedra: é un corno de vaca. Usábanno
os segadores que o levaban pendurado da cintura e cheo de auga, coa pedra de
afiar. Para que a auga non se derramase ía tapado con fentos.
Fouce:
ferramenta formada por un mango de madeira unido a unha folla curva de ferro.
Emprégase para ceifar ou rozar. Como na maioría dos utensilios
a forma e o tamaño varían en cada comarca.

Peneira: instrumento circular de madeira. O seu
fondo consiste nunha trama de metal ou seda, pola que pasan os cereais para
separa-la parte aproveitable da que non o é.