¿Respectamo-la Natureza?
Valora o teu comportamento de 1 a 5. Suma os puntos correspondentes ás túas contestacións. 5=sempre,4=ás veces; 3=non me lembro; 2=poucas veces; 1=nunca.
1.-¿Tiras os residuos orgánicos e inorgánicos ó contedor axeitado?
2.-¿Tiras pilas, papel e vidro nos seus contedores?
3.-¿Aproveitas o papel dos cadernos antes de tiralo ó contedor?
4.-¿Cando saes dunha clase, ou habitación, apagas a luz?
5.-¿Usas a auga necesaria, ou deixas que corra, mentras lavas os dentes?
6.-¿Estás na ducha o tempo que precisas, ou deixas correr a auga?
7.-¿Respectas as plantas dos xardíns públicos?
8.-¿Respectas os animais que atopas no campo, aínda que sexan pequenos?
9.-¿Tiras lixo e papeis ás papeleiras, ou quedan no chan?
10.-¿Lembras que o ruído e os berros son formas de contaminación?
Se o teu resultado é de 40 a 50 puntos, parabéns, tes claro o que hai que facer.
Se tes de 30 a 40, sabes o que hai que facer pero debes ser máis constante.
De 20 a 30 puntos, eres consciente do que fas mal, agora terás que facelo ben.
Entre 10 e 20 puntos, non fas nada polo teu contorno e terás que cambiar de actitude.