besbello
Besbello.net 5
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño

Un mes máis atopámonos aquí para lembra-los traballos que se están a facer na procura dun Colexio máis comprometido coa natureza, coa solidariedade, co desarroio sostible... en resumo con nós mesmos, xa que todo iso é ser mellores persoas.

"Os recursos do planeta esgótanse. Se realmente importa o futuro, deixemos de confiar en que os demais resolvan tódolos problemas, correspóndenos a nós salvar o mundo para mañá: depende de ti e de min." Jane Goodall (premio Príncipe de Asturias á Investigación Científica).

Suxerimos unha fantástica páxina web na que hai moitos consellos para medrar na tarefa de coida-la terra.

http://www.cortafuegos.com/index.php?pag=ant_cosassencillas

Estación de Atocha
Dende a nosa páxina queremos dar unha aperta virtual a tódalas persoas que sufriron esta grande traxedia na súa familia, nos seus amigos e compañeiros, nos seus veciños. Estamos con eles na defensa da vida e da Paz, e desexamos que o movemento de solidariedade que brotou desta catástrofe, sexa quen de evitar feitos coma este.
Estamos de loito

Foto-denuncia

Unha das primeiras fotos de Paloma, do Grupo Voz Natura, coa súa recén estreada cámara. Sentiu moita magoa de ver papeis nas árbores, lixo fora dos contedores... Tamén botou en falta, nesa paisaxe, árbores que lembraba non hai moito.

Lixo nas árbores
Miguel con Minnie

Minnie (a filla da nosa parella de hamsters) xa ten dono. Trátase de Miguel de 5ºB. Os dous atópanse moi ledos coa súa amizade.

Lembrade que si hai máis interesados/as na adopción destes simpáticos animais, poderíamos xuntar de novo ós pais. ¡Animádevos! son moi agarimosos e agradecidos.

Podedes facer as solicitudes na dirección do grupo Voz Natura do Colexio: grupovoznatura@edu.aytolacoruna.es

Temos que da-las gracias á APA do Colexio pola súa colaboración. Nesta ocasión foi o valado dunha zona do patio onde temo-lo que vai ser futuro xardín de plantas medicinais. O feito da súa proximidade á porta de entrada facía que moita xente non se decatase do labor de recuperación que estabamos a levar. Agora é moito máis visible, e pronto as plantas van recordar que non é recuncho do lixo.
Valado dunha zona do xardín

Durante a próxima semana imos plantexar nas nosas clases unha enquisa sobre os hábitos de respecto pola natureza, aforro de enerxía, auga e papel... e tamén prácticas de selección do lixo. Queremos facer un estudio do cambio, ou non, das actitudes nestes temas.

Podes face-la desde aquí e saberás cal é a puntuación correspondente ó teu comportamento co medio ambiente.

Terra
Bombyx mori

Os alumnos de 5ºC teñen na súa clase os ovos dos que esperan obter, na primavera, os vermes de seda.

De momento, a súa carta de petición á Concelleira de Parques e Xardíns do noso Concello, xa tivo resposta.

A moreira xa está no xardín.

Aquí tedes o antes e despois da plantación.

Temos moitas esperanzas aínda que xa está "espertando" (algúns dos brotes xa están á vista). Tambén as raices estaban á vista... Esperamos que o agarimo con que a imos coidar... faga o milagre.

Antes de plantar
Despois
Suxeitando a moreira
Observando a plantación
Aquí vemos dous esceas durante a entrega da árbore.
Alumnos de 5ºC, grupo Voz Natura e profesoras do Colexio, comentaron os proxectos que estan a levar coas dúas Concelleiras que asistiron á entrega e plantación da moreira. Dª María José Cebreiro e Dª Pilar Valiño. Agradecéronlles a rápida resposta e dilixencia para a consecución da árbore.
Alumnos despois da plantación

Neste mes de marzo imos celebrar moitas datas relacionadas co Medio Ambiente: o Día Forestal Mundial, o Día Mundial da Auga, o Día Meteorolóxico mundial... nós imos lembrar que todo está relacionado, que non serían necesarios estes Días se todos tivesemos claro que somos herdeiros da Terra e temos que conservala. Imos facelo cun precioso texto, aínda que as dúbidas sobre a súa autoría son moitas.

Preme na aguia Carta do Jefe Indio Seatle

Dende aquí sumámonos á campaña pola defensa dos ríos galegos. É unha magoa ve-lo abandono no que se atopan as beiras, e supoñemos que aínda será peor o que non vemos, a contaminación, verquidos, sobreexplotación...

Visitade una magnífica web que ten todo sobre os nosos ríos e fantásticas fotos dos seus moradores. Preme no peixe Peixe

Lixo
Un mundo cheo de vida

E para pecha-lo traballo proposto nesta edición do Proxecto Voz Natura, principalmente unha toma de conciencia da nosa responsabilidade no coidado do contorno máis próximo, imos asina-lo contrato seguinte: "A terra é a miña casa..." (preme nesta ligazón).

Volta ó inicio
Vai ó mes de abril
Ó mes de abril